A revista
Sechu, un coleccionista que repara reloxos antigos, atesoura más de 300 en Ponteareas
O reloxo de torre de Baiona volveu funcionar tras trinta anos parado gracias ao neto do ebanista que o custodiou durante medio século. Xosé Suárez Garra, coñecido como Sechu, é desde neno un gran afeccionado aos reloxos, algo que como se ve lle vén de familia. Esta paixón lévao a mercar reloxos desbotados por avariados en todo o mundo, para arranxalos. Ten máis de 300. Boa parte nunha exposición permanente en Ponteareas.
Di a súa muller que Sechu pasa máis tempo no seu taller caseiro de Ponteareas entre reloxos, ca con ela. Aquí leva anos reparando reloxos antigos por afección, nunca como profesión, herdada do pai e do avó. Agora mesmo ten entre as mans a reparación que, di, máis leria lle deu na vida, a deste precioso reloxo de tres campás.
Sechu di que se dá máis traballo, tamén dá máis satisfacción conseguir reparalo. Non se lembra de pequeno sen andar fedellando nos reloxios. As pezas que necesita fainas el no seu taller.
Noutro baixo histórico familiar expón algúns dos centos de reloxos que merca por Internet, en todo o mundo, sempre avariados, a maneira de que lle saian máis baratos. A exposición O reloxo e o boneco composta por reloxos e pezas escultóricas de reciclaxe está aberta ao público aos sábados pola mañá cando hai feira e ás veces nos feirados ou cando alguén o chama con moito interese.
Sechu relata a cantidade e calidade de reloxos que ten no taller e na exposicón e as súa procedencia, mesmo a de xoias como o máis antigo que ten de 1750 ou o que logrou recuperar, un de torre de 1855. Acolle tamén unha réplica da Torre do Reloxo de Baiona que atesoura unha historia familiar moi querida e con final feliz.
O avó de Sechu levou o mantemento do reloxo de torre de Baiona ata que morreu, cando se avriou o concello substituíuno por un eléctrico que tras avariarse tamén, botou parado máis de 30 anos. Hai 3 anos, Sechu regaloulle a restauración do reloxio ao concello.
Acaba de ir a Astorga a unha xuntanza de coleccionistas e estudosos de toda España e algún dos seus reloxos vai viaxar tamén fóra da casa, prestados para outra exposición.
E so que, segundo conta, trasladar un deste reloxios é moi complicado debido a unha peza chamada suspención que pode partir facilmente. Aínda así, algúns dos seus reloxios viaxarán axiña a unha exposición en Madrid. Asegura que os reloxios espertan moito interese na xente e que o seu librode visita está ateigado de eloxios.
Na casa só ten un reloxo, feito polo seu avó, que o chega a espertar se para de noite. Todos os demais, van parar ao taller ou a esta colección que pensa seguir aumentando.
Di el, ata morrer.