A Revista Fin de Semana
Un ano de pandemia no que aprendemos a valorar as urxencias
13/03/2021 13:59 h
Unha das imaxes que non esquecemos deste ano de pandemia é a de moitos hospitais colapsados e a dos sanitarios facéndolle fronte ao coronavirus nun principio sen sequera ter os medios de protección necesarios. Os profesionais de urxencias foron os primeiros en asumir toda esta carga inesperada de traballo. Falamos co presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias en Galicia, José Manuel Fandiño, que tamén é coordinador de urxencias no CHUAC.