Zigzag diario
“Trinta Lumes” de Diana Toucedo, festivais e eventos musicais , Novos Cinemas e Festival de Cine Internacional de Ourense
30/06/2016 21:00 h
Diana Toucedo, cineasta e montadora galega afincada en Barcelona, estará hoxe no estudo de gravación do “ZigZag Diario” para falar do seu último traballo: a longametraxe “Trinta Lumes”, que se atopa en fase de posprodución
“ZigZag Diario” falará de festivais e eventos musicais que se celebrarán nos próximos meses, o Atlantic Fest ou o Son Estrella Galicia.
Tamén se fará eco do que está a acontecer no Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, que comezou o pasado 28 de xuño e remata o 3 de xullo, e conversará co novo director do Festival de Cine Internacional de Ourense, Fran Gayo