CRTVG

Buscar

Tourilandia

Tourilandia (08/03/2012)

08/03/2012 22:00 h

Para mandar na noite co mellor humor á galega e coa imaxinación que lle outorga a creación dun novo mundo, chega o particular país de “Tourilandia”, pilotado por Xosé Antón Touriñán, para ofrecernos dúas horas de entretemento, música e acción, dirixido a un público rendido á parodia. A acometida máis potente da noite chegará co actor galego que colleu fama por ser o máis malo do lugar, na serie “Matalobos”, claro: Luís Iglesia, que porá a proba o seu valor e merecido liderado xunto ao resto dos convidados da noite, David Civera e o grupo galego  “Vaamonde, Lamas e Romero”.

    Cos mellores sketchs, unha comedia de situación, hoxe titulada “O inspector”, entrevistas e un concurso de talentos insólitos, o país imaxinario de “Tourilandia”, onde pode pasar de todo, converterase nunha sala de interrogatorios para recibir un dos malos televisivos máis cobizados, Carmelo “Matalobos”, que por primeira vai ser collido “coas mans na masa” e vai ser o propio Touriñán o responsable de que o personaxe termine cantando...o malo será cando Carmelo decida cantar, pero á guitarra, esa canción de “un pueblo es, un pueblo es... abrir  unha ventana a la mañana e respirar”...

  David Civera, que vén presentar o seu último traballo “A ritmo de clásicos”, participará xunto Luís Iglesia nun coñecido xogo televisivo, “quen é quen”, e tamén no vídeo musical que presentará o equipo do programa, titulado “Como unha tola”.

   O mundo de Tourilandia”, unha illa tropical que dá traballo a todo o mundo, está integrado por un reparto fixo de actores e cómicos que son Marcos Pereiro, Federico Pérez, Isabel Risco, Isi, Iria Sobrado e o propio Xosé Antonio Touriñán.    

 

Atopar capítulo por: