CRTVG

Buscar

Tourilandia

Tourilandia (04/10/2012)

04/10/2012 22:00 h

Principia a segunda temporada do programa de humor e entretemento “Tourilandia”, liderado novamente por Xosé Antonio Touriñán, quen contará coa axuda como copresentadora de Alba Lago, coñecida pola súa participación noutros espazos da TVG como “Acompáñenos”, “A polos 25” ou “Delincuentes Torpes”

Outra das novidades da segunda temporada é a nova sitcom “Os Barreira”, que narrará as peripecias de tres peculiares trixemelgos que conviven nunha pequena vila e que se dedican, respectivamente, a rexentar unha casa de comidas (Marcos Pereiro), a ocupar o cargo de alcalde (Federico Pérez) e a non dar nin golpe e enredar o máis posible (Xosé Antonio Touriñán). No espazo único do bar-hotel, casa de comidas, terá lugar a sucesión de acontecementos estrafalarios que porán a esta singular familia en situacións do máis inesperadas e cómicas.

No retorno de “Tourilandia”, visita o estudio de gravación a actriz e presentadora Ivonne Reyes e os atletas e medallistas olímpicos galegos David Cal, Chano Rodríguez, Enrique Porto e Juan Saavedra. Ademais, o programa fai unha conexión vía Skype coas regatistas Tamara Echegoyen e Sofía Toro. A parte musical corre a cargo do cantante David Pop.

Atopar capítulo por: