Estache bo!
Torta tatín de peras coa súa marmelada
Ingredientes:
Para a torta Tatín: 125 gr de marmelada de peras ao viño 4 peras maduras 1 rolo de masa crebada 100 gr de manteiga 50 gr de azucre Canela en po Unha vaíña de vainilla Limón Menta fresca Para o xeado de limón: A reladura e o zume dun limón 220 gr de leite condensado 250 ml de nata para montar 25 gr de azucre
Elaboración:
Hoxe imos comernos unha boa torta. Para esta Tatín precisamos acaramelar as peras con manteiga e azucre. Cando comecen a coller cor, engadimos a marmelada de peras ao viño. Incorporamos canela e a vaíña de vainilla. Enfornamos 5 minutos para acaramelar as peras da parte superior. Cubrimos coa masa crebada, pinchámola e voltamos ao forno durante uns 30 minutos máis. Montamos nata cun chisco de azucre. Con movementos envolventes, incorporamos a leite condensada mesturada co zume e a reladura dun limón. Empratamos a torta Tatín co xeado e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en San Cristovo de Cea, a Silvia de Nela Gourmet, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a marmelada de peras ao viño.