CRTVG

Buscar

Momentos G

Todos os días son bos para dar voz e visibilizar as persoas que padecen a síndrome de Down

21/03/2021 14:23 h

A síndrome de Down prodúcese pola trisomía, a triplicación do cromosoma 21, de aí que as Nacións Unidas escolleran esta data, o 21 do 3, para conmemorala en todo o mundo. Unha xornada en que achegarse ás necesidades e reclamacións que teñen todas as persoas que a padecen, e escoitalas en primeira persoa, se cadra é o máis necesario e o que máis nos falta por facer.

De todo isto imos falar con Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia e pai dun mozo coa síndrome de Down, e con Mónica Pastoriza, pizzeira, actriz afeccionada e youtubeira.

Atopar capítulo por: