CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Todos ao entroido!

06/02/2016 15:30 h

Para comezar, o espazo da TVG visitará un dos vértices do “triángulo máxico” ourensán, Xinzo de Limia, que conta cun dos Entroidos máis populares de Galicia, declarado Festa de Interese Turístico Nacional o ciclo máis longo en España, con case un mes enteiro de celebracións.
Desde alí, os reporteiros de “Vivir Aquí” irán á Coruña e a Pontevedra, dous dos exemplos de Entroido urbano máis multitudinarios de Galicia. Na cidade herculina, destacan os choqueiros, personaxes típicos do barrio de Monte Alto, que se disfrazan co primeiro que atopan pola casa e toman as rúas para contaxiar a todos co seu humor e descaro. Na capital do Lérez, o protagonista absoluto é Ravachol, o “papagaio máis famoso do mundo”, ao que se lle rende tributo no Entroido desde hai máis de cen anos e cuxo enterro é unha das manifestacións de dó máis numerosas.
Pero o Entroido máis auténtico e máis tradicional é, sen dúbida, o que se vive no rural galego. De feito, Galicia é a zona da Península que mantén máis variedades de ritos ancestrais de Entroido. Os espectadores da TVG coñecerán esta tarde algúns exemplos desta tradición nas vilas e aldeas do país.

Atopar capítulo por: