Momentos G
Todo preparado en Hollywood para celebrar unha cerimonia dos Óscars atípica
24/04/2021 14:05 h
Esta fin de semana estamos máis atentos ca nunca á gran pantalla porque na madrugada do domingo ao luns, hora galega, entréganse os Premios Óscar de Hollywood, unha cerimonia, a número 93, que sen vela, xa podemos dicir que vai ser diferente das habituais, algo estraña tamén, por mor da pandemia. Pero o que nos interesa é o contido, o cine, e quen conseguirá eses prezados galardóns, así que imos falalo con calma con Moncho Lemos.