Zigzag diario
“The Rebel - O Rebelde”, “Noiteboa” e “Son”
27/05/2016 21:00 h
Os irmáns Miguel e Iván Caride son os artellantes de “The Rebel - O Rebelde”, a primeira ópera folk que se fai en Galicia, unha peza que xira arredor figura de Pádraig Pearase, líder do Alzamento de Pascua que tivo lugar en Dublín. O programa “ZigZag Diario” recibirá hoxe a visita do actor Fernando Dacosta, que tamén participou neste proxecto.
As táboas do teatro continuarán con “Noiteboa”. No programa de hoxe proporán vivir esta típica noite en maio grazas a esta peza obra de Álex Sampaio e que chega aos escenarios da man da compañía Redrum Teatro.
Pero as escénicas non serán só teatro no “ZigZag Diario” de hoxe, xa que tamén falarán da montaxe “Son” da compañía Nova Galega de Danza, que precisamente se estreou onte.