Documental
Tesouros do Camiño Portugués, por Lucía Pérez
Crónica da experiencia como peregrina da cantante e presentadora Lucía Pérez. O documental aborda unha descripción dalgún dos lugares máis significativos do Camiño de Santiago na súa ruta portuguesa do interior: en concreto, do trazado que comeza en Oporto, pasa por Barcelos, entra en Galicia a través de Tui e aborda Santiago pasando por Padrón.
Non se trata dunha guía turística que abarque cada etapa do camiño de xeito pormenorizado. Máis ben, o documental exponse como unha crónica de viaxe narrada en primeira persoa e dende o punto de vista de Lucía Pérez, un recopilatorio dalgunhas das súas lembranzas unha vez rematado o camiño: as experiencias que viviu, os lugares que coñeceu, a xente coa que se atopou e os “tesouros” que levou consigo.