Sopa de festa
Tempo de cocido
Para comezar, o equipo de “Sopa de Festa” falará dos principais ingredientes. Para iso, as cámaras do programa achegaranse a unha empresa de embutidos de Lalín para saber como se elaboran e o proceso de curación duns bos chourizos, do lacón e da cachucha de porco. Ademais, esta empresa tamén ofrecerá unha alterntiva distinta para ter sempre na mesa un bo cocido sen pasar moitas horas nos fogóns.
Na edición de hoxe, os espectadores coñecerán a Mª Carmen Reyes, unha “greleira” que explicará cales son as diferenzas entre a nabiza e o grelo. Pola súa parte, a colaboradora Churra estará nos fogóns do restaurante Caney de Santiago. Ao carón de seu cociñeiro, Siro González, preparará unha sorprendente receita de cocido cunha presentación moi especial, pero con todo o sabor e arrecendo galego.
E, como non podía ser doutro xeito, “Sopa de Festa” tamén dará boa fe da troula. O equipo do programa compartiu unha boa celebración cos veciños de Tomiño.