Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
10/04/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Varias enquisas electorais danlle a vitoria ao PP nunhas eleccións xerais
O PSOE está convencido de que o proxecto de Yolanda Díaz acabará favorecendo a esquerda, e o PP marca como obxectivo volver ser a forza máis votada
Sánchez di que o PSOE xoga na 'liga da xestión' e non na da crispación
Os dous socios de goberno camiñan cara a un novo desencontro na cámara baixa a conta da lei do 'só si é si'
A Audiencia de Sevilla rebaixa cinco anos a condena ao violador do Tamarguillo
O Goberno asegura que Ferrovial non ten por que trasladarse fóra de España para cotizar nos Estados Unidos
Oito de cada dez autónomos considera que a súa situación é igual ou peor ca o ano pasado
A partir de mañá poderá presentarse a declaración da renda, pero por agora só a través de Internet
España é o terceiro país de toda Europa onde máis cambios se fixeron nas hipotecas durante o ano pasado
Os galegos da raia van a Portugal facer a compra para aforrar
O BNG presentou hoxe as súas propostas para crear un novo modelo enerxético en Galicia
O PSdeG asegurou que deixaron de executarse máis de 1.400 millóns o ano pasado e o PP responde que o Goberno galego gastou todo
Xulio Ferreiro, exalcalde da Coruña, pechará a lista da Marea en apoio ao candidato
Xa poden vacinarse contra o herpes zóster as persoas que este ano fagan 65 ou 80 anos
Alfonso Rueda mostrou a súa satisfacción pola afluencia de turistas en Galicia, que pecha a Semana Santa cunha ocupación de récord
Catro falecidos e oito feridos nun tiroteo nos Estados Unidos
Cinco identificados e outras dez persoas investigadas como presuntos responsables de causar algúns dos incendios de Asturias
Incendio nun polígono de Castelló
Hoxe volveron realizar batidas para intentar dar con algunha pista de Óscar García, o veciño de Teo de 62 anos que leva case dúas semanas desaparecido
Unha condutora está sendo investigada en Sada como autora dun delito contra a seguridade viaria tras atropelar unha nena e dar positivo en alcol
Continúa en estado grave na UCI do hospital de Lugo o condutor do coche accidentado en Xove
Josefa, a veciña de Mesía á que un camión cisterna lle derrubou parte da súa casa, pide que os seguros actúen rápido
Día de moitos movementos por estrada co remate da Semana Santa
O rei Xoán Carlos volverá visitar Sanxenxo a próxima semana
A partir de outubro os franceses deberán pagar como mínimo tres euros polos gastos de envío dos libros comprados a través de plataformas dixitais
Nove grandes empresas españolas, entre elas Inditex ou Navantia, únense nunha asociación para que a intelixencia artificial chegue ás pequenas e medianas empresas
Chega a España a chamada propina americana
Intercambiar roupa sen gastar diñeiro
Galicia é unha das dez rexións coa poboación máis lonxeva da Unión Europea
A temporada de cogomelos de primavera non acaba de arrincar
O tempo
Ferrol celebrou hoxe unha das súas romarías con máis sona, a da Virxe do Chamorrro
Armenteira celebra a romaría da Virxe das Cabezas
Outra romaría con séculos de historia é a que ten lugar todos os luns de Pascua no río Miño
Padrón celebra o luns de Pascua
Nova tempada da serie 'O Faro. O Rencontro', na TVG
Hoxe comezou en Ourense o Festival nómada de cultura africana, Harmatán