Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán lingua de signos
25/02/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
A ofensiva rusa contra Ucraína chega ata Kiev
Putin reduce as posibilidades dunha negociación e insta o exército ucraíno a poñerse do seu lado e tomar o poder
Europa prepárase para un éxodo de refuxiados sen precedentes
Parte de Kiev o último convoi con cidadáns españois que queren deixar o país
A OTAN aumentará as súas despregaduras militares no leste de Europa para afrontar a ameaza que supón na actualidade Rusia
As sancións europeas súmanse as que xa anunciaron os Estados Unidos
Os actos de protesta contra a guerra sucédense hoxe en todo o país
A Cidade da Cultura ilumínase de azul e amarelo, as cores da bandeira de Ucraína
Concentración da Plataforma Galega contra a OTAN na Coruña, apoiada polo BNG
Calviño pídelle á Comisión Europea adoptar novas medidas o antes posible para frear a escalada do prezo da electricidade
O prezo da electricidade marcará este sábado o seu máximo no que vai de ano
Endesa estuda aprazar o peche da central das Pontes ata finais deste ano
A incidencia da covid logra baixar por fin en Galicia dos 1.000 casos por cen mil habitantes
Autorizada a dose de reforzo co soro de Pfizer entre os 12 e os 17 anos
A rede de vixilancia das variantes segue alerta á posible entrada de novas cepas
Galicia relaxa as restricións fronte á pandemia a partir da medianoite
O TSXG avala a prórroga do uso do certificado covid en residencias e hospitais
A Xunta vai crear 19 novas prazas de especialistas en saúde mental nas residencias galegas
A Xunta aumenta as axudas para mellorar o aspecto exterior de edificios, equipamentos públicos e elementos etnográficos
O Partido Popular de Galicia implicarase activamente no proceso para rearmar o partido a nivel nacional
As familias dos desaparecidos do Villa de Pitanxo queren que se acceda ao buque e comprobar se están dentro os corpos
Investigado en Foz un home duns 70 anos por ofrecerlle 400 euros a unha menor a cambio de manter relacións sexuais
Dúas casas quedaron completamente queimadas esta mañá en Toro, unha aldea do concello de Laza
A Garda Civil investiga como se iniciou o incendio que destruíu unha palleira en Cospeito
Veciños do barrio coruñes do Castrillón denuncian que a inseguridade está medrando na zona
Os veciños da zona vella de Ourense ven con preocupación esta fin de semana de Entroido
Empeora o conflito do lixo na Coruña, onde queimaron outro camión
400 profesores de todas as etapas educativas reúnense no congreso mundial Educa en Santiago
Un colexio de Lugo, escollido para participar nos premios Ecoinnovación de Endesa
Ana Pontón anima a todos os galegos a votar para que o carballo de Conxo, en Santiago, sexa elixido árbore europea do ano
Segue o aviso por ondas no litoral galego
O tempo
Reabren as termas públicas de Ourense despois de dous anos de peche
As Pontes recupera esta fin de semana a Feira do Grelo
A mellor masa nai de España faise en Vigo
A venda de disfraces reactivouse neste Entroido
Ambiente de festa na fin de semana grande do Entroido
Conectamos en directo co estudio do 'Luar'
O Consello da Cultura Galega entregou as súas medallas de honra
O teatro Colón da Coruña acolleu a preestrea do filme 'Sofía Casanova, obreira do pensamento'
DígochoEu
Despedida