CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Seran lingua de signos

02/12/2021 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
07:05 A incidencia da covid subiu 19 puntos nun día en Galicia, ata situarse en 240 casos por cen mil habitantes
07:49 Case un terzo dos novos contaxios de toda Galicia producíronse en Vigo
10:28 Feijóo tamén anuncia que van estender a obriga de certificado covid en lugares pechados e acelerar a vacinación de menores de 60 anos e nenos
12:19 Sanidade confirma que en decembro chegarán a España un millóns trescentas mil doses de vacinas pediátricas e en xaneiro dous millóns máis
13:00 O 80 % das persoas maiores de 70 anos xa acudiron aos puntos de vacinación
14:45 O presidente do Senado, Ander Gil, deu positivo por coronavirus e cancela a axenda dos próximos días
15:06 España ten xa 5 casos da variante ómicron confirmados: tres en Madrid e dous en Cataluña, e outro pendente de confirmar nas Baleares
15:40 O Ministerio de Sanidade non ten previsto polo momento medidas excepcionais para frear o avance da nova variante
17:32 Alemaña fará obrigatoria a vacinación contra a covid para toda a poboación a partir do mes de febreiro
18:16 O Goberno dos Estados Unidos anuncia novas medidas para frear o avance da nova variante
19:05 O Porto cancela a festa de Aninovo ante o avance da pandemia
20:00 O paro rexistra unha caída histórica no mes de novembro
21:31 Sánchez felicítase polas cifras do paro e o PP repróchalle que derrogue a reforma laboral a pesar dos bos resultados no emprego
22:20 Rematou sen acordo a reunión entre o Goberno e os transportistas para desconvocar a folga nos días previos ao Nadal
24:24 Os problemas na distribución provocan a caída nun 13 % da exportación de lousa valdeorresa aos Estados Unidos
25:50 Os plans ferroviarios do Ministerio de Transportes non inclúen a variante de Cerdedo, que afecta a chegada do AVE á provincia de Pontevedra
27:04 Malestar no Parlamento galego polo freo do Goberno central ao traspaso da titularidade da Ap-9
28:29 O Congreso aprobou hoxe a nova lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade
31:51 A DXT lanza unha nova campaña animando a regalar chalecos con airbag para motoristas
32:24 Continúan as negociacións dun novo ERTE na fábrica viguesa de Stellantis
33:41 O Goberno reduce, por segundo ano consecutivo, a desgravación fiscal para os plan de pensións
35:14 O Congreso ratifica a lei de interinos que permitirá consolidar prazas sen opositar
35:44 O Congreso convalida a reforma do imposto da plusvalía
36:22 A Unión Europea volve adiar as propostas de España e Francia para reformar o mercado eléctrico
37:27 A Comisión Europea ábrelle expediente sancionador a España por incumprir as normas europeas en materia de contratación pública
37:49 Angela Merkel apura os seus últimos días no cargo despois de 16 anos
39:19 O exministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, nega que dese ningunha orde para espiar o extesoureiro do Partido Popular Luis Bárcenas
40:05 O Supremo confima a condena a un alto funcionario do Concello de Vigo por deseñar un plan para a contratación oculta da cuñada de Carmela Silva
40:40 A Fiscalía prorroga seis meses a investigación sobre as finanzas do rei don Xoán Carlos
41:04 Dous homes protagonizaron unha nova liorta nos Mallos, na Coruña
42:35 Novo incendio no mesmo edificio ocupado que xa ardera onte nos Mallos
42:49 Detido en Vigo por ameazar de morte a súa parella
43:21 Veciños do barrio vigués de Teis din estar fartos das molestias que lles ocasiona unha parella instalada nunha vivenda abandonada
45:09 As demandas por ocupación ilegal de vivendas descenderon en Galicia
45:37 Os ladróns desvalixan catro casas nunha parroquia de Abadín, en Lugo
46:48 Un xulgado de Vigo prohíbelle a un veciño da cidade poñer música na súa casa a calquera hora do día
48:42 Visitamos o Belén artesanal de Parada de Sil
50:42 A decoración de Nadal dunha casa de Guitiriz parece un escenario de película
52:31 Cancelacións nas reservas para as ceas de Nadal polo medo aos contaxios
53:29 Comezaron en Compostela as catas dos meles e os queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores
55:34 A neve regresou ás montañas de Lugo
55:51 O tempo
57:11 O aeroporto de Alvedro tamén estrea melloras na manobra de atarraxe que evitarán desvíos de voos
58:50 O Centro Dramático Galego leva 'O charco de Ulises' ao outro lado do Atlántico
01:00:33 Última hora: ERC non vai bloquear os presupostos no Senado, malia o desacordo coa lei audiovisual
01:00:57 Despedida

Atopar capítulo por: