Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
23/08/2023 21:30 h
Índice de contidos
Titulares
A investidura de Feijóo será o 26 e o 27 de setembro
Se non se logra ningunha investidura, respetiríanse as eleccións o 14 de xaneiro
Os populares galegos cren que coa sesión de investidura vaise iniciar "un cambio de rumbo" en España
Feijóo inaugura o domingo o curso político, que volve celebrarse no castelo de Soutomaior
PSOE e Sumar cederanlle deputados a Junts e ERC para que teñan grupo parlamentario propio
Lage Tuñas di que o PSdeG está preparado para responder ás necesidades dos galegos
Aumentan os contratos de alugueiro por meses por medo aos impagos
A suba de prezos de alimentos como o azucre, o leite ou as patacas reduce o consumo destes produtos
O aceite de oliva encareceu un 40 % e o seu consumo reduciuse un 15 %
A Xunta reclama a supresión do IVE do peixe para evitar a caída do consumo, que xa é do 17 %
2,7 millóns en axudas para os produtores da pesca e acuicultura de Galicia
A Xunta aposta por reforzar aulas e profesorado coa creación de 4.000 novas prazas en dous anos
Emigración amplía o espazo e os servizos da Oficina Integral de Asesoramento ao Retorno
Galicia afiánzase como destino turístico de cruceiros
Abre as portas a mostra 'Porto da Coruña, unha historia visual'
Descarrila un tren con mercadorías perigosas en Vilarmartín de Valdeorras
Controlado o incendio declarado nunha nave de produtos químicos en Valencia
Morre unha nena no incendio dun cámping en Tarragona
As vítimas de Coté séntense indignadas polo permiso penitenciario concedido ao falso médico ferrolán
A policía séguella a pista a unha parella que marcha sen pagar nos locais de hostalería de Santiago
Unha praga de eirugas acaba coas plantas de millo
Prohiben o baño na praia do Con, en Mos, por mor dunha vertedura de fecais
A luz sobe un 12 % este mércores
A prealerta por seca esténdese aos concellos de Pontevedra e Camariñas
Bergondo e Betanzos poñen en marcha medidas de aforro de auga
A seca pode provocar graves perdas na produción da faba de Lourenzá
Galicia volve alcanzar os 43 graos
Noites ecuatoriais que fan imposible conciliar o sono
Días duros para os que traballan a pleno sol
A Xunta lanza unha campaña de concienciación dos perigos de traballar con temperaturas elevadas
Consellos para levar mellor a calor sufocante
O tempo
O norte de España supera os 40 graos
Grecia vive a vaga de incendios máis devastadora dos útlimos 15 anos
Atasco de barcos na canle de Panamá
Estrélase en Rusia un avión en que iría o xefe do grupo Wagner
Veciños da Coruña maniféstanse contra o aumento da ocupación ilegal
Gravan un oso pardo paseando polos Ancares
Pontevedra celebra a Festa do Demo
A India fai historia ao ser o primeiro país en chegar ao sur da Lúa
O alcalde de Vilamartín de Valdeorras di que non hai risco tras o descarrilamento dun tren con mercadorías perigosas
Despedímonos desde Pontedeume