Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
19/07/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Este xoves remata o prazo para votar por correo e amplíase o horario de preto de 700 oficinas
Mañá remata tamén o prazo para depositar o voto en urna nos consulados e embaixadas do exterior
Multiplícanse as baixas entre os convocados para estar o domingo nas mesas electorais
Bloque electoral
O socialista Adrián Barbón foi reelixido presidente de Asturias co apoio de Podemos e IU
O presidente da comunidade valenciana, Carlos Mazón, presenta o seu novo goberno
Vicente Guilarte asume a presidencia en funcións do Consello Xeral do Poder Xudicial tras a xubilación de Rafael Mozo
Aproban eliminar o tope de dous mandatos para o presidente da CEOE, o que lle permite a Antonio Garamendi optar de novo ao cargo
A ministra de Transportes confirma que Talgo comezará a entregar os trens AVRIL a partir de novembro
Sindicatos de Renfe e ADIF denuncian a privatización do servizo de mercadorías
O Goberno negocia con Bruxelas unha alternativa ás peaxes das autovías
Este ano comprometéronse 7.700 millóns de fondos europeos, 5.088 millóns menos que o ano pasado
O Goberno galego di que hai moitos proxectos agardando polos fondos europeos e propón cambiar a fórmula de xestionar os cartos
O grupo Nogar mellora a loxística do porto de Marín a través da tecnoloxía
As empresas de mensaxería e paquetería aumentaron a súa facturación nun 85% nos últimos cinco anos grazas ao pulo do comercio electrónico
A Xunta de Galicia vai compensar ata o 50% das perdas económicas dos bateeiros máis afectados polos peches aos que obrigou a toxina en 2022
Unha queixería do Cebreiro e os produtos cárnicos do porco celta son as últimas incorporacións ao selo Galicia Calidade
Proban robots agrícolas para a horta e a viña
Desconvocan a folga de ambulancias
O ministro de Sanidade defende unha vacinación homoxénea ente os distintos países na súa visita á planta porriñesa de Biofabri
Retiran tortillas envasadas por un gromo de botulismo
Recomendan o consumo das pezas enteiras fronte as xa cortadas
A Xunta trae 60 rapaces do exterior para coñecer a terra de seus pais e avós
Dimite o alcalde de Silleda tras o desacordo co BNG polos salarios
O xurado declara culpable o acusado do crime de Toques e absolve o curmán
Prisión provisional para o detido por matar un home co que vivía nunha casa ocupada de Vigo
A Garda Civil sostén que a morte do neno de dous anos dentro dun coche no Porriño foi accidental
Policía Nacional detén en Vigo un mozo de 23 anos por acoitelar a súa parella
Alerta na Coruña polo envelenamento de mascotas con cebos e alfinetes
Os veciños de Lugo concéntranse no paso a nivel en que morreron dous mozos arrolados por un tren
O aparcadoiro pantasma da Lavacolla esténdese ao municipio do Pino
Os hostaleiros de Santiago quéixanse por ter que pedirlles aos clientes máis de 30 datos persoais á hora de rexistrarse
Recuperan a memoria dos coruñeses deportados aos campos de concentración nazis
Todo a punto en Portugal para recibir o papa Francisco
Consellos para que as mascotas afronten mellor a calor do verán
Aumenta a oferta de pozas termais en Ourense
Comeza a remitir a vaga de calor en España
Estabilizado o incendio da Palma
O Tempo
Furor pola colección de Barbie lanzada por Zara
O Centro Dramático Galego representa no teatro de Mérida 'Shakespeare en Roma'
O Coro Joben da Universidade de León sorprende en plena praza do Obradoiro cantando unha obra inédita
Despedímonos desde o Monte de Santa Tegra