Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
27/06/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
O Goberno aproba novas medidas anticrise e prorroga a redución do IVE dos alimentos básicos
O Goberno atrasa ata xaneiro o dereito a cotizar dos bolseiros
Leonardo Marcos toma posesión como director xeral da Garda Civil
Desconvocada a folga dos inspectores de traballo un día despois de comezar
O PP defende as negociacións con Vox para evitar o bloqueo institucional. PSOE e Sumar din que supoñen un retroceso en dereitos
Feijóo acepta un cara a cara con Sánchez en Atresmedia
Ana Vázquez e Rosa Quintana encabezan a lista do PP por Ourense ao Congreso e Carmen Leyte, a do Senado
Nestor Rego volverá encabezar a lista do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña
O PSdeG tende a man ao resto de partidos para refomar o Estatuto de Autonomía
A Xunta prevé que a economía galega medre máis do 2 % en 2024
O PIB galego medra o 2,3 % en abril impulsado polo turismo e matriculación de vehículos
Estrella Galicia alcanza un récord de facturación: 724 millóns de euros
A Xunta apoia con 3 millóns a formación de 100 persoas con discapacidade intelectual
Galicia volve iniciar o proceso para conseguir a transferencia da AP-9
A Xunta asegura que o Goberno impediu calquera avance para lograr a transferencia da AP-9
Reconstruír de forma paralela as duás plataformas do viaduto do Castro custará 70 millóns de euros
Un sindicato policial pide á Fiscalía que acuse de homicidio os manifestantes que protagonizaron os altercados da folga do metal de Vigo
O presidente dos empresarios de Pontevedra di que paralizarán a negociación do convenio colectivo se seguen os actos violentos do sector do metal
Aprobada a nova lei galega do xogo, que busca protexer os menores e os afectados por ludomanías
O gasto en pensións sobe un 10,7 % en xuño
O Banco Central Europeo volverá subir os tipos de xuro o próximo mes
Bruxelas ve problemas na fusión de Orange e MásMóvil
Iberdrola presenta a principal bolsa de emprego verde do mundo
Arranca o Vigo Global Summit, coa presenza do nobel de economía Paul Krugman
O rei Filipe clausura en Italia o foro económico de Cotec Europa
Putin recoñece que Rusia estivo ao bordo dunha guerra civil durante o motín do grupo Wagner
Un morto en Cantabria ao caer desde unha altura de 20 metros co camión que conducía
Atraco cunha navalla e con refén nun supermercado de Santiago
Intento de estafa cun secuestro falso en Ribeira
As acusacións particulares manteñen os cargos contra o maquinista e o exdirectivo do Adif
Un incendio calcina por completo o resturante dun cámping de Ribeira
Simulacro de incendio forestal en Verín
Os estudantes universitarios teñen problemas para atopar piso polos prezos elevados e pola oferta de pisos turísticos
A oferta de pisos turísticos multiplícase por catro en Galicia
Despois de case 150 anos os xesuítas deixarán de vivir nas instalacións do seu colexio de Vigo
Xa case non quedan autocaravanas dispoñibles para alugar no verán
Segunda vítima mortal pola intensa calor no sur e no centro da península
A calor reduce a capacidade de traballo e afecta tanto a nivel físico como mental
O tempo
As praias fluviais, unha boa opción para refrescarse nos días de calor
Aparece unha balea xibardo varada nunha praia de Ferrol
DígochoEu
Morre a actriz Carmen Sevilla aos 92 anos
Danzas exipcias no Teatro Colón da Coruña co espectáculo 'Papyrus'
Despedida