Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
13/06/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Remodelación do Goberno galego
Xa é oficial o nomeamento de Pedro Blanco como novo delegado do Goberno en Galicia
O Goberno ignora as críticas dos fiscais e fai oficial o nomeamento de Dolores Delgado para ocupar a dirección da Fiscalía de Dereitos Humanos e Memoria Democrática
O Partido Popular presentou hoxe os cabezas de lista para as eleccións xerais
Un dos dous deputados galegos de Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, non vai repetir nas listas
Os socialistas cataláns rexeitan participar nunha alcaldía rotatoria de Barcelona, tal e como propuxo Ada Colau
O BNG aspira a ser decisivo no Congreso despois do 23 de xullo
Pacto de goberno en Valencia
Os prezos moderáronse en maio
O BBVA indica que os prezos van seguir siuados por riba do 3 por cento
En 2024 entrará en vigor a nova tarifa regulada da luz que se acaba de aprobar no Consello de Ministros
Milleiros de autónomos galegos terán que reclamar a Facenda a devolución dos cartos por cobrarlles de máis na declaración da renda
O Goberno rebaixa os requisitos para regularizar inmigrantes mediante contratos de traballo para tratar de paliar a falta de empregados na hostalería ou na construción
O ministro de Exteriores advírtelle ao PP que derrogar leis e facer determinados cambios económicos pode poñer en risco os fondos europeos que recibe España
A taxa turística vai seguir sendo unha prioridade no Concello de Santiago a pesar do cambio á fronte do Goberno local
Italia decretou para mañá unha xornada de loito nacional por Silvio Berlusconi
A policía británica detivo un home como presunto autor da morte de tres persoas en Nottingham
Esta mañá derrubouse un edificio en Teruel que obrigou a desaloxar 21 vivendas
Accidente nos adestramentos no Rally de Ourense
Retencións quilométricas á entrada de Santiago por un choque en cadea
Alerta radiactiva na planta de Megasa, en Narón
En Pontevedra a Policía Nacional detivo un mozo de orixe marroquí que acoitelou un axente no interior da comisaría
En Vimianzo a Garda Civil investiga un home que ameazou cun machado os asistentes a unha verbena nas festas de Carnés
Detido o coidador dunha octoxenaria ourensá por apropiarse, presuntamente, dos seus bens
Hoxe coñecemos con máis detalle o traballo da empresa viguesa que gravou o Villa de Pianxo afundido en augas de Terra Nova
O sector da hostalería é un dos máis afectados polo gromo de gastroenterite que mantén en tensión a Betanzos
Os veciños dun barrio da Coruña están deseperados por unha praga de moscas e mosquitos
De Roncesvales a Santiago en bicicleta para visibilizar o deporte adaptado
Os hábitos de vida saudables axudan a previr o alzhéimer
A Xunta ultima os preparativos para as oposicións de Función Pública e do Sergas, que se van celebrar a semana que vén
As bolsas de estudos para descendentes de emigrantes aumentan o curso que vén
Desde hoxe xa se pode solicitar o Bono Cultural Xove
O mel ecolóxico de Terras de Boborás acaba de recibir un pretixioso premio
Os expertos recomendan protexerse non só cando imos á praia, senón tamén cando traballamos moitas horas ao aire libre, por exemplo en actividades agrícolas e gandeiras
As treboadas das últimas horas afectaron especialmente as leiras de millo e patacas
O tempo
O maior iate construído en España navega estes días en probas pola ría de Vigo
O domingo volve ás pantallas da TVG a serie 'Saudade de ti'
'Dígocho Eu'
Remodelación do Goberno da Xunta
Despedida