Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
09/06/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Ione Belarra di que Podemos irá ás eleccións con Sumar, pero segue metendo presión para que Yolanda Díaz reconsidere o veto a Irene Montero
PSOE volve pedirlles que concorran unidos ás eleccións, e o PP di que Sánchez quere reeditar o que lle chaman un "Goberno Frankestein"
O Partido Popular de Galicia reúne por primeira vez o seu comité de campaña para as xerais
As listas dos socialistas galegos para as xerais do 23 de xullo xa están pechadas
Xa pediron o voto por correo 22.000 galegos
Os que vaian estar fóra e contrataran a viaxe antes do 29 de maio poderán zafarse de formar parte dunha mesa electoral
Rexistros no concello de Melilla pola suposta trama de compra de votos por correo
A alcaldesa de Maracena dimite do seu cargo, mentres continúa a investigación do secuestro dunha concelleira
Os funcionarios de Xustiza denuncian a ministra ante o Supremo por bloquear as negociacións sobre a suba salarial que reclaman
Xa son dúas as asociacións de fiscais que piden a dimisión do fiscal xeral do Estado por nomear fiscala de Memoria Democrática a Delgado
España é un dos países da Unión Europea onde os cidadáns perciben que a xustiza está máis politizada
A ministra de Igualdade Irene Montero ten que indemnizar con 18.000 euros a Rafael Marcos
1.127 agresores sexuais viron rebaixada a súa condena pola lei do 'só si é si'
O funcionario do Concello de Vigo condenado polo chamado caso Enchufe verá rebaixada a súa condena pola reforma do delito de malversación
Os bombeiros da provincia de Lugo están en folga indefinida
Aproveitan as cabezas do peixe para fabricar aceite de consumo humano
O sector da madeira en Galicia agarda superar este ano a facturación de 2022
O sector da minería galego, líder en España
O BNG defende un plan de rescate para o medio rural
A conselleira de Medio Ambiente visitou o expositor do seu departamento na Semana Verde, que ofrece obradoiros para nenos
Novo intento da defensa de Alves para que saia de prisión
Deteñen en Lugo un home por agredir a súa parella e mais o home que intentou defendela
Unha liorta multitudinaria requiriu a intervención da varias patrullas da Garda Civil en Betanzos
Un home portugués ao que declararan morto hai máis de vinte anos reaparece para evitar que a súa exmuller e as súas fillas queden co seu patrimonio
Un tiburón mata un turista en Exipto
O fume dos centos de incendios forestais que arrasan o leste do Canadá tolda o ceo nos Estados Unidos
Preto de 25.000 raios nas últimas dúas semanas en Galicia
Aviso amarelo en Lugo por chuvias intensas
Os encoros que abastecen Vigo, a tope
Terapias personalizadas contra o cancro en toda Galicia
Problemas de desabastecemento de 800 fármacos
A Asociación de Esclerose Multiple celebra unha nova edición da Carreira e Andania solidaria esta fin de semana en Santiago
Arranca esta tarde en Taboada Raizames, o primeiro Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra
Os fornos de pan artesanal atravesan momentos complicados pola falta de relevo xeracional
10 empresas galegas do sector téxtil foron seleccionadas para formar parte da nova iniciativa da zona franca de Vigo
O tempo
Darío Villanueva recoñecido polo Consello Social da Universidade de Santiago
Despedida