Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
08/06/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
A borrasca Oscar descarga con forza
A dirección de Podemos lanza unha consulta exprés ás bases para ter plenos poderes sobre o acordo con Sumar
ERC e EH Bildu preséntanse en coalición ás eleccións ao Senado
O PSOE coloca a maioría de ministros nas listas para o 23 de xullo
Xosé Ramón Gómez Besteiro confirma que cesará como delegado do Goberno en Galicia
O fiscal xeral do Estado nomea a Dolores Delgado fiscala de Memoria Democrática coa oposición da maioría do Consello Fiscal
A presidenta do PSOE de Sevilla dimite tras a polémica dos chíos contra o coordinador xeral do PP
A directora xeral da Garda Civil deixa o cargo para presentarse ás eleccións de xullo
Seguen as reaccións a esa decisión do Tribunal Supremo de avalar as rebaixas de penas aos condenados por delitos sexuais ao abeiro da lei do 'só si é si'
PSdeG e BNG continúan traballando para os conformar os novos gobernos municipais que saíron das urnas o 28 de maio
En Ourense a fiscalía investiga a veracidade dos audios de Gonzalo Pérez Jácome
A zona euro entra en recesión técnica
O Sergas vai convocar este ano a maior oferta de prazas de formación sanitaria que se fixo ata agora en Galicia
A Xunta abre o proceso para captar investidores para a sociedade público-privada que se vai crear para impulsar proxectos que garantan que os beneficios de aproveitar recursos naturais queden en Galicia
Os pilotos de Air Europa anuncian novas xornadas de folga
Consumo está investigando sete compañías por cobrar pola equipaxe de man e por escoller asento no avión
Centos de usuarios, afectados polas novas protestas dos traballadores de Vitrasa
O presidente Rueda pon en dúbida o prazo de reapertura do viaduto da A-6 que manexa o Goberno
Besteiro adiantou que haberá unha nova xuntanza entre Altri e o Ministerio mentres Rueda di que a confirmación de Nadia Calviño de deixar a Altri fóra das axudas europeas contradí o comprometido por Pedro Sánchez
O maior sindicato da policía pide ser profesión de risco e equiparación salarial
Dúas persoas foron xulgadas cada semana por delitos sexuais nas audiencias provinciais galegas ao longo do ano pasado
Catro meniños e un adulto están en estado moi grave tras ser acoitelados por un home nun parque no sueste de Francia
O papa Francisco permanece ingresado nun hosptial de Roma recuperándose da operación de intestino a que o someteron onte
Arredor de 100 millóns de estadounidenses están en alerta polos niveis de contaminación do aire, xerados polos incendios no veciño Canadá
Novidades no caso Déborah Fernández
Un hostaleiro de Brión, preto de Santiago, quedou cun brazo roto ao intentar evitar que unha parella marchara sen pagar
Os veciños de Monforte quéixanse dos problemas que sofren dende hai meses con outro home que vive nunha casa ocupada
O sector gandeiro galego está preocupado pola escaseza de palla e o seu encarecemento
O DNI será obrigatorio para entregar o voto por correo e as viaxes contratadas antes da convocatoria electoral permitirán non ir a unha mesa
Axencias de viaxes de toda España celebran na Coruña un foro profesional do sector
A Xunta vai ofrecer bonos de desconto de ata 200 euros aos menores de 30 anos para facer o camiño de Santiago
Volven os abrazos ao Apóstolo en Santiago
Abriu a Semana Verde de Galicia en Silleda
As Cíes colgan o primeiro cartel de completo, non quedan prazas para o sábado 17 de xuño
A primavera deixou algúns rexistros extremos en Galicia
Tarde de raios e moita auga en Galicia
O tempo
Redondela celebra neste xoves de Corpus o seu día grande, a Festa da Coca
O mundo do libro galego cítase para conmemorar 40 anos de traballo en conxunto
O festival de artes performativas tivo como protagonista a Antón Reixa
Despedida