CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

06/06/2023 22:00 h

Índice de contidos

00:03 Titulares
07:51 Alberto Núñez Feijóo confirma que haberá, polo menos, un cara a cara entre el e Pedro Sánchez
09:45 As negociación entre Sumar e Podemos seguen estancadas
11:50 Coalición Canaria e Partido Popular pechan o pacto para gobernar Canarias
14:23 Néstor Rego asegura que a súa continuidade no Congreso dependerá dos procesos internos e democráticos do BNG
14:57 O presidente Alfonso Rueda critica os pactos do PSOE co BNG para evitar que goberne PP nos concellos onde os populares gañaron as eleccións municipais
15:45 Unha moeda decide que o alcalde pedáneo de Arcos da Condesa, en Caldas, será do PSOE
16:09 A alcaldesa de Maracena reuniuse co secuestrador da concelleira despois do suceso
16:44 O Goberno aprobou hoxe a segunda parte do plan de recuperación, que lle permitirá acceder a 94.000 millóns de euros da Unión Europea a cambio de facer reformas e axustes no déficit e na débeda
18:14 O Partido Popular acusa o Goberno de estar aumentando a débeda de España
19:01 A Xunta acusa o Goberno do Estado de aprobar o engadido do plan de recuperación sen contar coas comunidades e en plena campaña electoral
19:39 O Supremo fixa os criterios para revisar as condenas firmes da lei do 'só si é si'
20:19 A conselleira de Emprego e Igualdade entregou o Informe anual de violencia de xénero do 2022 no Parlamemento
20:45 A policía belga volve entrar no Parlamento Europeo para rexistrar de novos os despachos de varios eurodeputados socialistas
22:30 Rusia e Ucraína acusáronse mutuamente da explosión que nas útimas horas rompeu o dique de contención dunha presa e que obrigou a evacuar milleiros de persoas
23:54 A Xunta vai destinar 15 millóns de euros en axudas ás empresas do mar afectadas polo conflito de Ucraína
25:35 A empresa galega Arenal fusiónase co grupo valenciano Druni
26:08 Fai un ano da derruba do viaduto da A-6
30:06 O comisionado do Goberno convoca os empresarios para falar do corredor Atlántico de Mercadorías e non invita a Xunta á reunión
30:55 Máis de dez anos despois comeza a derruba das polémicas torres do Garañón, en Lugo
31:29 O papa Francisco acudiu hoxe ao hospital para facer controis médicos
32:24 Sete autobuses da empresa Monbus apareceron estragados en Ferrol
33:49 Na Audiencia Provincial da Coruña segue o xuízo polo asasinato dun home no ano 2021 no barrio das Flores
35:28 O Concello de Betanzos completou hoxe o plan de limpeza da rede de subministración de auga logo do gromo de gastroenterite
36:52 O buque Ártabro, encargado da inspección dos restos do Villa de Pitanxo nas augas de Terra Nova, estará de volta en Vigo o próximo luns
37:22 Hoxe celebrouse a primeira poxa da costeira do bonito en Burela
40:08 Comezou a ABAU en Galicia
42:07 Lavadores inicia un programa pioneiro coas familias para previr a obesidade
43:57 Boi á fuga en Allariz
45:41 A campaña apícola en Galicia avanza con boas perspectivas grazas a unhas condicións do tempo favorables
47:10 Dúas semanas antes de que comece oficialmente o verán, volve haber cogomelos
49:23 Os termómetros van caer ata 10 graos en só 24 horas
50:58 O tempo
51:19 A cidade de Nova York estase afundindo polo peso dos seus rañaceos
52:29 O tempo
54:36 En Ares prepáranse para celebrar unha das festas con maior tradición: as alfombras florais
56:45 Unhas leiras de Lugo pasaron de empregarse na agricultura e gandeiría a converterse nun parque de aventuras
58:39 Sanriago prepárase para O Son do Camiño
59:19 O Diario de Pontevedra celebra a gala de entrega dos premios Pontevedreses do Ano
01:00:25 'Os demos do barro' acaba de recibir o premio á mellor película de animación no Celtic Media Festival
01:01:02 Despedida

 

 

 

Atopar capítulo por: