Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
13/04/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Abanca acorda a venda de Nueva Pescanova
Galicia xa ten o novo plan de prevención de incendios forestais para a campaña deste ano
O Consello da Xunta tamén declarou proxecto empresarial singular a planta que a empresa galega Norvento quere instalar no polígono lucense das Gándaras
Alfonso Rueda comezou en Panamá a súa segunda viaxe oficial a América como presidente da Xunta
O consumo de peixe caeu nun 25 % desde o 2008
Quedan en liberade con cargos os dous detidos tras o enfrontamento dos bateeiros coa policía en Santiago
José Ramón Gómez Besteiro evita posicionarse como candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta
Valentín González Formoso di que o PSdeG está centrado nas eleccións municipais
O BNG reclámalle á Xunta que mellore a atención sanitaria ás mulleres
Paula Prado reivindica a Elena Candia como a mellor alcaldesa para Lugo
No terceiro día de paro dos médicos suspendéronse 622 operacións
A implantación do sistema ERTMS obrigará a cortar o tráfico ferroviario entre Ourense e Santiago a penúltima fin de semana de abril
Os accionistas de Ferrovial aprobaron o traslado da compañía aos Países Baixos
Unha semana antes de que se debatan no Congreso as emendas á reforma da lei do 'só si é si', o Consello Xeral do Poder Xudicial actualiza os datos dos agresores sexuais beneficiados pola súa aplicación
Sae do cárcere un violador en Almería, en aplicación da nova lei do 'só si é si'
O presidente do Goberno avanza que está próximo o acordo con Podemos para aprobar a primeira lei de vivenda de España
Podemos insta a Yolanda Díaz a que faga campaña pola formación morada nas próximas eleccións municipais e autonómicas
A Xunta Electoral Central dálle dez días ao Parlamento de Cataluña para que se pronuncie sobre a retirada do escano a Laura Borràs
As pequenas e medianas empresas que queiran poñer a proba a xornada laboral de catro días terán axudas do Goberno
España enviará os seis primeiros carros de combate a Ucraína nos próximos días
A Comisión Europea advirte de que terá que denunciar a España se non frea a lei andaluza sobre regadíos que pode afectar o parque natural de Doñana
Francia vive a última xornada de protestas antes do veredicto do Constitucional sobre a reforma das pensións
Incendio nunha nave industrial no polígono de Vilalba
A Garda Civil interceptou un coche circulando en sentido contrario pola autovía A-52, á altura de Ourense
Un camión de polos envorcou á altura de Barbadás
O laboratorio de cocaína desartellado en Cerdedo-Cotobade en marzo podía producir 200 quilos diarios de droga
A policía portuguesa atopou un almacén clandestino na localidade de Vila Nova de Cerveira para fabricar planadoras
Unha avaría nun cabo soterrado deixou seis horas sen luz boa parte do centro da cidade de Vigo
As primeiras fábricas de luz de Galicia
Conferencia de Elsa Punset en Santiago