Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
13/03/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Alianza dos presidentes Rueda, Urkullu, Barbón e Revilla para evitar que as súas comunidades queden marxinadas das redes europeas de ferrocarril ou do hidróxeno verde
Alfonso Rueda destacou os lazos que existen entre Galicia e o País Vasco grazas á emigración
O BNG pídelle ao Goberno do Estado que retire o plan da eólica mariña
50 empresas e institucións, comprometidas co cambio climático en Galicia
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, declara que fará todo o posible para garantir a estabilidade do sistema financeiro, despois do afundimento de Silicon Valley Bank
As bolsas europeas tamén se viron afectadas polas dúas quebras bancarias nos Estados Unidos
O ministro Escrivá defendeu a reforma das pensións que segue negociando cos axentes sociais e apelou á patronal para que achegue propostas
Os socios do Goberno seguen sen pechar o acordo no tope aos alugueiros
O martes e o mércores da vindeira semana debaterase a moción de censura presentada por Vox contra o Goberno
A Audiencia de Sevilla abre a porta a que o expresidente socialista andaluz José Antonio Griñán ingrese en prisión e reciba alí o tratamento médico que precise
Ada Colau declarou como investigada por presuntas coaccións a un fondo de investimentos
Miguel Ángel Revilla declarou ante a Fiscalía en calidade de testemuña na investigación aberta por presuntos amaños en contratos de estradas
Miguel Ángel Revilla declarou ante a Fiscalía en calidade de testemuña na investigación aberta por presuntos amaños en contratos de estradas
Inditex presenta resultados esta semana e dáse por feito que pulverizará récord de beneficios, con máis de 4.000 millóns
A falta de carne de porco pode disparar os prezos dos embutidos
Os traballadores da cárcere de Bonxe, en Lugo, piden máis seguridade logo da agresión que esta fin de semana sufriu un funcionario
Dez anos de máis apertura e transparencia co papa Francisco
As forzas de seguridade tratan de axilizar a reflotación do narcosubmarino avistado fronte á costa de Vilagarcía de Arousa
O autor confeso do triplo crime de Valga, José Luis Abet, pediu perdón ás familias e aos seus fillos, na última sesión do xuízo
O xuíz prohíbelle a un sacerdote da diocese de Ourense achegarse a menos de 500 metros das súas dúas sobriñas, que o denunciaron por agresión sexual continuada
Un ano e un mes despois do naufraxio, o Goberno do Estado aproba a licitación da busca do Villa de Pitanxo en augas de Terra Nova
Un camión con guindastre envorcou e quedou pendurado na cima dun túnel duns 7 metros en Ourense
Sorprendido copiando no exame teórico do permiso de conducir en Ourense
A Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego denunciou a actuación de dous mozos que agatuñaron pola fachada da catedral de Santiago
A fochanca aberta en Maside pola enchente do río en xaneiro xa mide nove metros
Quince persoas quedaron feridas hoxe por un incidente cunha carcasa durante a 'mascletá ' en Castelló
Unha de cada catro visitas ao dermatólogo prodúcese por mor da acne
Segue aberta a convocatoria de axudas para poñer en marcha casas niño no rural
Os nenos de Ourense van poder participar nun concurso co que se pretende evitar a discriminación ás persoas maiores
Vigo acolle estes días unha feira de estudos artísticos
A frota de baixura permanece amarrada na Mariña lucense, onde tamén rexistraron o refacho de vento máis forte, de 130 km por hora
O tempo
Coñecemos a renovada igrexa de Guntín, que mesmo mereceu unha candidatura aos Premios de Arquitectura de Galicia
A nostalxia das cámaras de fotos Polaroid na Fundación Barrié da Coruña
'Todo a la vez en todas partes', un orixinal filme sobre o multiverso, foi o gran vencedor dos Óscar
Publícanse en español as case 900 cartas de amor que intercambiaron o escritor francés e premio Nobel Albert Camus e a actriz galega María Casares
'Dígocho Eu'
Despedida