Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
10/03/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Os socios de Goberno pactan a reforma do sistema de pensións. A proposta, que está avalada por Bruxelas, prevé dúas alternativas para calcular a paga de xubilación: acollerse ao sistema actual dos últimos 25 anos ou considerar os útimos 29, pero eliminando os dous peores.
O Partido Popular critica o incremento das cotizacións incluído nesta proposta. Na súa opinión, suporá gravar o traballo cun novo imposto
España terá que enviar a reforma das pensións a Bruxelas para obter un novo desembolso dos fondos extraordinarios de recuperación. O ministro José Luis Escrivá asegura que foi pactada coa Comisión Europea pero dende a Comisión respóndenlle que aínda teñen que ler a letra pequena da reforma
Aínda non hai acordo entre os socios do Goberno para consensuar unha lei de vivenda. O voceiro de Podemos no Congreso, Pablo Echenique, apunta que faltan aspectos importantes por negociar.
Os socios da coalición seguen sen poñerse de acordo sobre a reforma da lei do só si é si, que xa empezou a tramitarse no Congreso. Mentres, a Fiscalía Xeral do Estado intenta unificar criterios ante as solicitudes de revisións de condenas.
A multinacional Ford anuncia despedimentos na súa planta de Valencia. Un ere que lles afectará a 1.100 empregados
Navantia contratará 1.500 traballadores para Ferrol, Cádiz e Cartaxena
O sector pesqueiro intensifica as súas mobilizacións para reclamar a baixada do IVE dos produtos do mar frescos, conxelados ou en conserva. Cren que deixar o peixe fóra da rebaixa está detrás da caída dun 20% nas vendas.
O Goberno galego e o central manteñen as discrepancias sobre se Galicia ten competencias para facer a súa propia lei de costas. O expresidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas, defendeu que tanto a Constitución como o Estatuto avalan a Galicia para aprobar este regulamento
A planta viguesa do grupo de automoción Benteler vaise converter nun referente en Europa. Nuns meses completará o proceso para ser unha fábrica cen por cento intelixente.
O Goberno galego quere reproducir a experiencia da FP dual. O obxectivo é achegar o mundo laboral e o académico, e que a empresa se vincule coa universidade.
O conselleiro de Educación cre que a nova lei de universidades responde a intereses partidistas, e que deixa desprotexidas ás comunidades porque fixa un mínimo de financiamento por lei, pero non o dota economicamente.
No Hospital Veterinario Universitario de Lugo, cirurxiáns de toda España aprenden estes días técnicas innovadoras de laparoscopia en porcos, que despois practicarán en humanos. Este centro é pioneiro en varios tratamentos animais
O secretario xeral dos socialistas de Galicia, confirmou hoxe nas Pontes que optará a revalidar a alcaldía das Pontes
No PP de Galicia sosteñen que Formoso ten problemas como líder dos socialistas galegos
O BNG presentou a súa campaña para as eleccións municipais
Filipe VI pecha en París a rolda de visitas a organismos internacionais
A CIG celebra o Día da Clase Obreira Galega
A policía alemá identificou o presunto autor do ataque contra unha igrexa das testemuñas de Xehová na cidade de Hamburgo que deixou sete mortos
O papa Francisco aclara que o celibato na Igrexa católica non é un dogma senón unha disciplina
Trece persoas resultaron con queimaduras ao desviarse unha carcasa da 'mascletá'
Un home quedou ferido esta tarde en Oleiros tras bater contra o seu turismo un microbús
Ferido grave un camioneiro nun accidente na A-52 en Ourense
Aprázase ata o vindeiro luns a fin do xuízo polo triple crime de Valga ao solicitar a defensa de José Luis Abet unha atenuante
Un incendio calcinou unha vivenda esta madrugada na Estrada
Seguen sen poder volver ás súas casas os veciños de Ourense desaloxados hai unha semana trala caída dun muro ao romper unha tubaxe polas obras de canalización do gas
A Garda Civil detivo o autor de varios roubos en gasolineiras da Coruña, Santiago e a comarca de Ordes
Un home rebentou un portal no centro de Santiago cun fouciño
Unha veciña de Cerdedo-Cotobade, denuncia que lle mataron dous gatos a tiros na porta da casa
En Galicia hai 200 persoas desaparecidas
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento aos doadores dos grupos A positivo e cero negativo porque as reservas están baixas
As agresións a médicos van en aumento, o ano pasado producíronse en España uns 850 ataques físicos ou verbais o persoal sanitario
Repuntan as denuncias por violencia machista en Galicia
O 30% das mulleres sofre violencia física, psicolóxica ou sexual nalgún momento da súa vida, segundo os datos da ONU
Seis mulleres de Xinzo de Limia protagonizan unha singular campaña do concello para conmemorar o 8M
Os veciños de Vilanova dos Infantes rendéronlle esta tarde unha emotiva homenaxe ao seu párroco don Adolfo, asasinado hai oito anos
Nova edición do Mercado das Nubes na Coruña
Pontevedra móvese estes días a ritmo de chachachá, rumba ou pasodobre de competición
Concerto improvisado de Marta Sánchez e Carlos Baute nun avión
O tempo
Paradela pon fin aos actos de celebración do seu bicentenario
A contorna da cidade de Lugo está mudando da man dos grafiteiros
Adolfo Domínguez presentou hoxe en Madrid, a súa nova colección, "Inspira"
Concerto da Sinfónica de Galicia e alumnos do Conservatorio Superior da Coruña
Esta noite, Luar
Digochiño estrea páxina web
Dígocho Eu
Despedida