Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
07/03/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
O Congreso vota a toma en consideración da reforma que presentou o PSOE para a lei do 'só si é si'. A lei sairá adiante previsiblemente cos votos do PP, pero co bloque de investidura roto.
As ministras de Igualdade e de Xustiza afondan nas súas diferenzas sobre a reforma da lei
A Audiencia de Pontevedra rebáixalles cinco anos as penas a dous homes que foron condenados a 27 anos de cárcere por violar unha moza no Porriño, no ano 2003, en aplicación da lei do 'só sí é sí'
A partir de 2026, as mulleres deberán ocupar polo menos o 40 % dos postos directivos nas principais empresas españolas. É o obxectivo que marca a lei de paridade, que hoxe impulsou o Consello de Ministros
O Goberno admite que hai case medio millóns de traballadores fixos descontinuos inactivos que non contan como parados nas estatísticas.
Protestas en toda Francia contra a reforma das pensións de Macron
O Banco de España vai revisar á alza as previsións de crecemento da economía española
Os sindicatos advirten de que retomarán as mobilizacións se non se pecha o acordo coa patronal sobre a suba dos salarios
O Congreso entregaralle á xuíza do caso Mediador os dispositivos do exdeputado socialista Juan Bernardo Fuentes
Tirapuxa no Senado entre o voceiro do PP, Javier Maroto, e a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, á conta da corrupción
Alfonso Rueda denuncia que os fondos europeos de recuperación non están chegando ao tecido produtivo
Os usuarios da A-6 urxen a reparación do firme en mal estado ao seu paso pola provincia de Lugo
O Goberno central cifra en 16.000 millóns o presuposto pendente de investir para completar en 2050 o Corredor Atlántico
Ethel Vázquez está disposta a ter unha reunión inmediata para aclarar algunhas partidas do corredor atlántico
Urkullu reunirá en Vitoria os presidentes de Galicia, Asturias e Cantabria para falar do corredor atlántico
Avanzan as obras da variante exterior do AVE en Ourense nos dous treitos en marcha, pero quedan outros tres por contratar
17.000 mulleres participaron en Galicia no programa piloto do cribado de cancro de cérvix
A metade dos enfermos crónicos deixan de tomar os tratamentos que teñen pautados
O grupo parlamentario do BNG pediu unha reforma da Lei de saúde para aumentar o investimento en Atención Primaria
María Jesús Lorenzana asegurou que o feminismo e a igualdade non poden dar lugar a divisións ideolóxicas
Por primeira vez na súa historia, a Unión Europea sanciona personalidades ou entidades de terceiros países por vulnerar os dereitos das mulleres
O xurado popular considera que Ana Sandamil é culpable de asasinar a súa filla Desirée
O acusado do triplo crime de Valga, José Luis Abet, negouse a declarar ante o tribunal
Prisión provisional para a veciña de Paderne acusada de matar o seu marido
A xustiza rexeita a prisión permanente revisable para o asasino de Marta Calvo
En Badalona os Mossos identificaron cinco menores por unha suposta agresión sexual a unha nena de 11 anos
Interceptan dous narcoveleiros cargados con máis dunha tonelada de cocaína
Unha parella de Cabo de Cruz reclama a mellora dos accesos á súa vivenda para que a muller, que padece ELA, poida saír da casa
Complícase o tráfico para acceder en hora punta á Coruña por mor dos traballos na estrada Nacional VI á altura de Perillo
A falta de mantemento converteu nunha carreira de obstáculos camiñar polas beirarrúas dunha avenida de Narón
A xustiza recoñece o dereito dunha muller a ser indemnizada, tras o divorcio, por sacrificar a súa vida laboral para atender o fogar e as dúas fillas
Unha empresa debe readmitir unha traballadora que fora despedida por ir de compras durante os permisos que pedía para ir ao médico
O perigo de operarse para cambiar a cor dos ollos
O concello máis pequeno da provincia de Ourense, o da Teixeira, é onde máis se incrementou o censo electoral nos últimos catro anos
Un equipo de investigadores galegos recompilou nun só vídeo todo o ciclo reprodutivo do polbo
Aviso amarelo por fortes refachos de vento
O tempo
Unha das tres mellores hamburguesas de España é galega
O mellor da arte cubana contemporánea exponse na sede de Afundación na Coruña
Salvador García-Bodaño, un dos escritores máis singulares e innovadores da xeración dos 50, morreu hoxe en Santiago aos 87 anos
O británico David Chipperfield, moi apegado a Galicia, foi galardoado hoxe co premio máis importante da arquitectura
Dígocho Eu
Despedida