Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
15/02/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
A reforma da lei do 'só si é si' volveu centrar o debate na sesión de control ao Goberno no Congreso
O Partido Popular reclamou en Vigo a fin da rebaixa das penas pola lei do 'só si é si'
A inflación sitúase no 5,9 por cento en xaneiro
O Goberno insiste en que a baixada do IVE dos produtos básicos está dando resultado e o Partido Popular acúsao de triunfalismo
Desde hoxe xa se pode solicitar o cheque de 200 euros destinado ás famllias máis vulnerables
O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, participou hoxe en San Cibrao das Viñas na presentación dos resultados do programa Galicia Avanza
O rei Filipe VI reivindicou o papel dos empresarios e dos emprendedores na recuperación económica
O Clúster Alimentario de Galicia vai presentar co apoio da Xunta un proxecto tractor para o sector lácteo para optar a fondos europeos Next Generation
Acordo dos médicos co Sergas para poder compaxinar o traballo na sanidade pública e na privada
O BNG pide máis recursos económicos para atención primaria e que se incorporen novas categorías
O Partido Popular lembra que a Xunta destina case o 29 por cento dos presupostos sanitarios a atención primaria
Alberto Núñez Feijóo comprometeuse a crear a especialidade de MIR de urxencias e Pedro Sánchez asegura que a súa prioridade é seguir reforzando o sistema nacional de saúde
Os fabricantes e os usuarios din que non hai infraestrutura para o coche eléctrico en 2035
A dimisión da ministra principal de Escocia, Nicola Sturgeon, deixa o país sen un líder claro para liderar a causa independentista
Morre o mariñeiro dun pesqueiro vigués en augas do Gran Sol
Celebrouse unha misa en Cangas en memoria dos 21 mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo
Un ano despois do naufraxio do Pitanxo, a investigación sobre as causas continúa aberta na Audiencia Nacional
A conselleira do Mar cre que inspeccionar os restos do Villa de Pitanxo será clave na investigación
A Eurocámara critica a lentitude do Goberno para baixar ao Villa de Pitanxo
O expresidente de Pescanova Manuel Fernández de Sousa deberá entrar en prisión
No xuízo do Alvia hoxe declararon máis pasaxerios do tren accidentado
Prisión comunicada e sen fianza para o detido por acoitelar unha muller este luns nunha rúa de Marín
Detido un profesor de teatro por tocamentos e comentarios vexatorios a 22 alumnas en Reus
Xa están no cárcere os tres policías que supostamente asasinaron o mozo coruñés Diego Bello nas Filipinas
Comerciantes e veciños crean unha asociación para frear a degradación do barrio da Milagrosa en Lugo
Os veciños da Gaiteira, na Coruña, denuncian que no seu edificio se comercia con droga
As drogas e o alcol están detrás de case a metade das mortes que se producen nas estradas españolas
A EMA cre que haberá que vacinarse fronte ao coronavirus unha vez ao ano, igual que se fai, por exemplo, coa gripe
9 días despois do devastador tremor de Turquía e Siria seguen aparecendo persoas con vida entre os cascallos
Regresan de Turquía os efectivos da UME
Chegaron nas últimas horas a Galicia os rescatadores que viaxaron dende a nosa comunidade ao lugar dos sismos
A Xunta promoverá os nosos peixes e mariscos en 200 concellos de toda España
A choiva intensa dos últimos meses provocaron a morte do marisco na ría de Noia
A farmacéutica galega Pharmamar segue pelexando en Bruxelas para que lle permitan vender o seu novo fármaco contra o cancro de medula
Hoxe gozamos dunha xornada primaveral
O tempo
Os felos de Esgos visitaron un colexio de Ourense e a Televisión de Galicia quixo acompañalos
Volven as gárgolas a Celanova neste Entroido
Roberto Verino amosa a súa colección primavera-verán 2023 na Semana a Moda de Madrid
Presentouse en Santiago a nova entrega da serie 'Operación Marea Negra'
A mostra 'Valle-Inclán íntimo' ofrece en Santiago obxectos nunca antes expostos
'Dígocho Eu'
Despedida