Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
14/02/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Podemos e os socios da investidura frean a tramitación urxente da reforma da lei do 'só si é si'
O violador do portal de Lugo queda en liberdade dous anos antes do previsto, tras serlle revisada a pena pola lei do 'só si é si'
O Consello de Ministros aprobou esta mañá a suba dun 8 por cento do salario mínimo, que se sitúa agora en 1.080 euros ao mes
Antonio Garamendi acusa o Goberno de romper as regras do xogo
O PSOE rexeita a proposta de Unidas Podemos de concederlles a nacionalidade aos saharauís nados baixo a soberanía española da antiga colonia
Noruega advirte de que Rusia despregou barcos con armas nucleares por primeira vez desde a Guerra Fría
O crecemento da zona euro pisou o freo no cuarto trimestre do ano pasado
A inflación nos Estados Unidos continúa dando signos de moderación
A Eurocámara prohibe vender coches diésel e de gasolina no 2035
O sector do automóbil camiña cara á descarbonización
O presidente da Xunta advirte de que non vai permitir que o Goberno de Pedro Sánchez reparta os fondos europeos con criterios electoralistas
Galicia vai contar con tres novas bases antiincendios
A estación de autobuses intermodal de Ourense fai dous anos cun incremento de viaxeiros do 60 %
As promotoras de parques eólicos mariños pídenlle ao Goberno que acelere os trámites para poder comezar cos proxectos canto antes
Aumenta a venda de calefactores de butano polas baixas temperaturas e o alto prezo da enerxía
8 días despois dos sismos en Turquía e Siria, os equipos de rescate seguen sacando superviventes de entre os cascallos
Falece no hospital a muller embarazada que recibiu un tiro na cabeza no transcurso dunha liorta en Castellón
As vítimas do Alvia narran o accidente e as secuelas físicas e psicolóxicas que lles deixou
Mañá fai un ano da traxedia do Villa de Pitanxo
Investigan o accidente mortal na A-55
Está previsto que mañá pase a disposición xudicial en Marín o detido por acoitelar unha muller
Deteñen na prisión de Teixeiro o líder dos Latín Kings en España
Os tres policías filipinos acusados do asasinato do mozo coruñés Diego Bello entregáronse ás autoridades despois de permanecer un ano fuxidos
Extinguido o incendio forestal de Carnota que queimou 125 hectáreas
A Policía Local de Lugo colleu na allada un home de 70 anos cando presuntamente estaba a roubar gasóleo dun camión
En Cambre levaron un bo susto ao aparecer unha granada en plena rúa
Os mozos de 16 anos van poder conducir un coche
Furgoteca, un novo servizo de biblioteca móbil, vaise estrear en 20 concellos do rural de Ourense e Lugo
Hoxe é o Día dos Namorados
Xornada de temperaturas de primavera durante o día
O tempo
Trucos para unha boa maquillaxe de Entroido
O Entroido chegou esta tarde ás rúas de Lugo a ritmo do folión
A asociación Andén I de Ourense comeza a traballar con medio ano de antelación
As chaolas de Cariño fanse desde san Xiao, en xaneiro, ata o Domingo de Piñata
As Perusiñas son unhas galletas de manteiga, canela e xenxibre, totalmente artesás, que se fan en Lugo
Esta noite, especial de 'Casamos!'
Despedida