Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
07/02/2023 22:00 h
Índice de contidos
Titulares
Ence seguirá na ría de Pontevedra ata o ano 2073
O alcalde de Pontevedra e a Asociación en Defensa da Ría anuncian que espremerán a vía xudicial
Alfonso Rueda di que esta é a vitoria de moitas familias que van poder seguir vivindo e traballando en Ponteveda e en Galicia
O PSdeG acata a sentenza e di que é momento de pasar páxina
Dende o BNG aseguran que a sentenza do Supremo sobre Ence será recordada como inxusta e inexplicable
Francisco Conde di que a decisión do Supremo sobre Ence é unha boa noticia para Galicia
As accións de Ence dispáranse máis dun 28 %
Lea entre as ministras de Igualdade e Xustiza pola reforma da lei do 'só si é si'
O presidente do Goberno di que é de sentido común reformar a lei do 'só si é si'
PSOE e Unidas Podemos discrepan sobre a Lei de benestar animal
Pedro Sánchez mobiliza todos os seus deputados e senadores
O ministro Escrivá agarda a reforma das pensións para as vindeiras semanas
O Tesouro capta 5.062 millóns en letras nunha poxa coa demanda duplicando a oferta
O Partido Popular presenta no Senado unha moción para que se prioricen as infraestruturas ferroviarias do Corredor Atlántico
Renfe e o ADIF acaban de convocar mañá os gobernos de Asturias e Cantabria para dar explicacións polo erro de cálculo nos trens de proximidade, que non collen polos túneles
A superficie destinada a agricultura ecolóxica medrou en Galicia nos dous últimos anos un 50 %
Detectan un caso de vaca tola nunha explotación da Estrada, pero non hai risco para a poboación
As empresas que queiran vir a Galicia seguirán tendo descontos de ata o 50 % para instalarse nos polígonos industriais da Xunta
Xa se poden solicitar as axudas para rehabilitar vivendas destinadas ao alugueiro
Vanse incorporar aos colexios públicos galegos cen profesores de apoio para atender os alumnos con necesidades especiais.
Valentín González Formoso chamou a manifestarse este domingo en Santiago a favor da sanidade pública galega
A plataforma SOS Sanidade Pública presentou hoxe no Parlamento unha iniciativa popular en defensa da Atención Primaria
A Xunta estuda como limitar o acceso dos menores ás bebidas enerxéticas polos seus riscos para a saúde
O rei Filipe sela con Angola unha alianza estratéxica para impulsar as relacións diplomáticas, comerciais e culturais entre os dous países
Galicia segue conmocionada polo asasinato machista de Baiona
Detido por golpear e propinarlle patadas á súa parella na vía pública en Vigo
Internado nun centro de menores o único mozo detido como presunto responsable do acoitelamento doutro rapaz na Coruña
Ingresa en prisión o presunto autor dun acoitelamento en Vilalba
Continúa en Lugo o xuízo polo dobre crime do Cásh Récord
No xuízo polo accidente do Alvia hoxe declarou o perito convocado pola defensa do maquinista que estudou a sinalización da vía
A cifra de vítimas supera xa as 7.000
Cans galegos intentarán salvar vidas en Turquía
A partir de mañá poderemos viaxar sen máscara no transporte público
As vivendas turísticas de Santiago activas no 2019 van poder obter licenza municipal
Devolveu unha carteira con 500 euros e dous anos despois recibe recompensa
Unha sarabiada cobre de branco Sanlúcar de Barrameda, en Cádiz
O tempo
En Ourense, pequenos e maiores prepararon xuntos o Entroido
Maiores con ganas de troula
Coñecemos os finalistas dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual
'Dígocho Eu'
Despedida