CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

31/01/2023 22:00 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
07:12 O Goberno acorda cos sindicatos subir o salario mínimo ata os 1.080 euros. O incremento aprobarase dúas semanas con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro
10:04 O presidente do PP insta o Goberno a subir tamén os salarios das rendas medias
10:51 Debate no Senado entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo. O presidente do Goberno comparecía para explicar as medidas para facer fronte á crise motivada pola guerra de Ucraína
15:39 As negociacións da modificación da lei do "só si é si" está a orixinar roces entre os socios de goberno. Ata catro reformas de Podemos foron xa rexeitadas
17:22 O exvicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, nega que a lei do "só si é si" rebaixe as penas. Culpa os xuíces de non aplican os agravantes da norma.
17:56 O FMI prevé que a economía española bote o freo este ano, estima que medrará un 1,1 por cento, fronte ao 5,2 de 2022
18:18 Eurostat presenta o balance do ano pasado. A economía medrou un 3,5 por cento na zona euro
18:37 Xaneiro pecha cunha nova suba do euríbor e xa encarece a hipoteca media en 250 euros
21:26 Os autónomos que traballan na casa van poder deducir do IVE os gastos da vivenda. Acaba de recoñecelo unha sentenza que senta precedente
23:14 A xustiza comunitaria abre o camiño para a entregar a España ao fuxido Carles Puigdemont. O Tribunal de Xustiza da UE limita as capacidades dos socios comunitarios para negarse a executar unha euroorde de detención
24:46 O Rei inaugurou en Barcelona a maior feira audiovisual do mundo. Tamén presidiu a entrega de despachos aos novos xuíces
25:19 O PP acusa o Goberno de España de repartir os fondos europeos sen obxectividade nin transparencia
26:06 Portugal espera que o AVE a Galicia estea listo en 2030, pero remarca que necesita unha estratexia común con España
27:12 O grupo de empresas Delta Vigo fai 75 anos. O presidente Alfonso Rueda comprometeu o apoio da Xunta ás empresas que axudan a crear riqueza
28:06 A Xunta pídelle ao Goberno máis tempo para decidir sobre os proxectos eólicos en Galicia. O Goberno galego aprobou 77 expedientes dos 120 presentados
28:58 O Goberno aprobou unha partida de 300 millóns de euros para axudas aos agricultores para paliar o aumento dos prezos
29:49 O home que matou o seu sobriño de 3 anos en Santiago, no coñecido como caso Cepeda, declarado culpable de asasinato
31:20 Última semana da fase penal no xuízo do Alvia. Na sesión de hoxe compareceu o autor dos informes periciais contratados polo ADIF, Antonio Puyol
32:10 Un home quedou detido nas útimas horas en Soria por agredir a moza cando estaba conversando en liña
32:47 O detido pola unha suposta agresión sexual nun pub da Coruña quedou en liberdade. O home, de 44 anos e veciño de Vigo, segue investigado por un delito de abusos sexuais
33:17 Unha persoa quedou ferida ao ser atropelada nun paso de peóns en Betanzos
33:38 Dous obreiros que traballaban no edificio rescataron do lume unha muller de idade avanzada en Ourense
34:07 O Concello e a Universidade de Huelva decretaron tres días de loito pola morte de tres estudantes no incendio dun piso
35:43 Un incendio nun vagón de tren obrigou a evacuar máis dun cento de persoas na ruta entre Barcelona e Sevilla.
36:00 Un veciño de Narón acaba de ser condenado por un xuiz a pagar 3.100 euros porque o seu can matou unha cadela que paseaba coa súa dona cando o can asomou polo portal e atacouna
37:47 A escaseza de antibióticos pediátricos en Europa está obrigando a partir pastillas de adultos para tratar os nenos
39:28 Ademáis dos antibióticos para nenos, os medicamentos que máis escasean son os fármacos para regular a tensión e os antidiabéticos
40:05 O Sergas propón ampliar a idade de xubilación ata os 72 anos para os médicos que familia
40:33 Unha representación de autoridades da sanidade española viaxou a Dinamarca para coñecer de preto o sistema sanitario danés
40:57 Máis de 5.000 nenos de Galicia entre 0 e 6 anos con algún trastorno que pon en risco o seu desenvolvemento contarán cun centro de atención temperá preto dos seus fogares
41:55 Os administradores de inmobles de Galicia piden que as comunidades de propietarios poidan denunciar a ocupación ilegal dunha vivenda
43:52 Os que visiten Santiago terán que pagar ata tres euros por noite coa taxa turística que quere implantar o Concello
45:41 A pandemia levou moitas persoas a cambiar a cidade polo rural. Por exemplo en Larouco, na provincia de Ourense naceron once nenos e agardan outros dous para este ano
48:15 Nunha correcta manipulación de alimentos extremando as medidas hixiénicas na cociña, reside o éxito para evitar intoxicacións alimentarias como a salmonelose
50:36 A de onte foi a xornada máis fría deste inverno con temperaturas de ata menos 10 graos en Calvos de Randín
52:12 Previsión meteorolóxica con Noelia Rodríguez
54:37 A mediados de febreiro comeza a tempada de lamprea en Arbo e Ponteareas
56:13 Arranca a campaña de cruceiros en Vigo. Hoxe fixo a súa escala inaugural do ano o buque británico Iona
58:12 Arrinca estes días o concurso para determinar cal é a mellor hamburguesa de España. Un local de Ourense é a día de hoxe o que elabora a mellor de Galicia

Atopar capítulo por: