CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

30/01/2023 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
07:39 O Ministerio de Igualdade ábrese a reformar o Código Penal para corrixir os efectos indesexados da lei do "só si é sí"
09:35 A lei do "só si é si" beneficiou case 300 condenados por delitos sexuais
10:14 En liberdade con cargos o produtor Javier Pérez Santana pola agresión sexual que denunciou unha actriz na festa posterior aos Premios Feroz
10:44 O avogado de Dani Alves pediu a liberdade provisional do futbolista. O ex-xogador do Barça está en prisión porque a xuíza entendeu que había risco de fuga
11:14 Os prezos subiron por primeira vez nos últimos cinco meses. O IPC creceu ao 5,8 por cento en xaneiro
13:13 Seguen as negociacións para subir o salario mínimo. Os sindicatos consideran imprescindible chegar aos 1.100 euros e a patronal pon o límite nos 1.040
15:09 O secretario xeral da UXT defendeu a empresa Mercadona do ataque da ministra Ione Belarra
15:52 O histórico socialista, Odón Elorza, dimite como deputado
16:23 O Goberno, pendente de remodelación polas saídas de Reyes Maroto á alcaldía de Madrid, e de Carolina Darias a candidata nas Palmas de Gran Canaria
17:00 As bases de Esquerra apoian maioritariamente a vía Montenegro para un referendo independentista en Cataluña
17:53 Pedro Sánchez viaxa o mércores Marrocos para un cumio de alto nivel en Rabat
18:33 A Xunta mantén contactos co grupo sueco Universal Kraft, interesado en montar unha planta de amoníaco verde nas Pontes
19:10 O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, di que o Goberno mantén parada a adxudicación dos fondos europeos
19:38 España recibiu 31.000 millóns de euros do presuposto comunitario, dos que 28.000 xa están xestionandos por concellos e comunidades
20:10 Un estudo da Comisión Europea detecta que un terzo das web avaliadas manipulan o consumidor con prácticas de venda enganosas
21:16 A Xunta pon en marcha un plan para evitar derrubamentos e outros danos nas estradas por efecto dos temporais. Levaranse a cabo intervencións en 35 vías
22:43 Logo de que os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León reclamaran a posta en marcha do Corredor Atlántico, o BNG insiste na súa necesidade
23:25 Comezou sen incidencias a folga de controladores aéreos que afecta os aeroportos de Alvedro e de Peinador
23:54 Case 5 millóns de pasaxeiros utilizaron o tren en Galicia o ano pasado, un incremento de case un 80 % con respecto a 2021
25:06 A Xunta creará unha rede de radioterapia que poñerá en contacto os servizos de oncoloxía da comunidade para mellorar a calidade asistencial dos doentes
25:37 Os médicos do Sergas reuníronse para decidir se fan folga. Piden medidas que garantan a calidade do servizo e melloras nas condicións laborais
26:29 A sanidade centrou o debate no Parlamento galego. Os populares critican que o BNG pida un aumento para a atención primaria de 200 millóns, cando a Xunta incrementou o orzamento en 310 millóns de euros nos últimos 5 anos
27:09 As máquinas para o tratamento do cancro que doou Amancio Ortega á sanidade pública non funcionarán ata dentro de tres anos
27:47 O líder dos socialistas galegos pídelle á Xunta aumentar o investimento en investigación para evitar que marchen os mellores investigadores.
28:20 Cortizo, a multinacional galega, amplía as instalacións da fábrica que ten en Cidade Real
29:12 O rei fai 55 anos. Como símbolo de felicitación, varios concellos iluminaron os seus edificios de vermello, a cor do estandarte de Filipe VI
29:42 O xuíz decretou o ingreso en prisión incondicional do mozo marroquí que matou un sancristán en Alxeciras e feriu outras tres persoas
30:10 O bebé achado en Granada o pasado venres naceu vivo e morreu de forma violenta, segundo a autopsia
30:42 O xurado delibera sobre o caso do tío acusado de matar o seu sobriño de tres anos en Santiago
32:35 Nas próximas horas está previsto que pase a disposición xudicial o home detido na Coruña por presuntamente agredir sexualmente unha clienta dun pub da cidade
33:08 E en Lugo preocupa o aumento das pelexas nocturnas na rúa. No que vai de mes a policía detivo once persoas
34:47 Un home de 60 anos morreu esta mañá nun accidente de tráfico no concello de Manzaneda
35:23 Na parroquia de Loimil, na Estrada, os veciños non saen do seu asombro pola profanación dunha tumba do cemiterio
36:48 O mesmo que cando conducimos, os peóns temos tamén normas na rúa e non as respectar pode carrexarnos multas de ata mil euros
38:22 Un veciño de Elviña denuncia que só ten uns 40 centímetros para entrar ou saír da casa, por iso lle pide ao Concello unha solución antes de que rematen as obras
39:50 Xa estamos en plena tempada do cocido, pero este prato está saíndo bastante máis caro que hai un ano
41:32 A produción de grelos este ano vese un pouco minguada debido a que este inverno o frío chegou máis tarde
43:27 Noite conxelada con termómetros que caeron ata os oito graos negativos. Hoxe volve activarse un aviso amarelo no sur de Ourense por baixas temperaturas
45:13 Vaga de frío en España con avisos por baixas temperaturas para o martes en sete comunidades autónomas
46:34 Previsión meteorolóxica con Noelia Rodríguez
48:49 Evitar máis problemas a persoas que xa teñen unha saúde moi delicada. É o obxectivo dos equipos de asistencia á axuda domiciliaria
51:06 A mina de lousa subterránea máis grande do mundo está en Valdeorras. Un equipo da Galega comprobou como se extrae a pizarra.
52:47 Unha empresa de Ponteareas surte de disfraces media Europa. Estes días a actividade é frenética, sobre todo polos pedidos en liña
55:29 En Pontevedra recolleron 600 pares de zapatillas para envialas aos alumnos dunha escola de Guinea Bisáu
57:27 Juana de Vega continúa sendo unha muller case descoñecida para o público, malia tratarse dunha das galegas ilustres do século XIX. Agora acábase de publicar unha biografía sobre ela
59:50 Un cometa verde poderase ver esta semana no ceo galego. Os expertos recomendan buscalo con prismáticos e a primeira hora da noite, entre as oito e as dez
01:00:18 E no DígochoWhat, Esther ensínalle a Cristina unha frase fundamental en galego: 'Éche o que hai!'

Atopar capítulo por: