CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

26/01/2023 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares
07:01 O Goberno esperará a que avance a investigación sobre o crime de Alxeciras para ver se eleva o nivel de alerta terrorista
09:38 O presidente do Goberno condenou o ataque nas redes sociais
09:53 Desde o PP instan o Goberno a que convoque o pacto antixihadista e reclaman unha reacción de Estado ante o terrorismo
10:33 O Ministerio de Defensa traballa coa industria para recuperar os tanques Leopard en desuso e envialos a Ucraína
11:59 O presidente do PP comprométese a deixar gobernar a lista máis votada nas xerais, e insta a Pedro Sánchez a que faga o mesmo
12:57 A Avogacía do Estado envioulle ao Tribunal Supremo a petición para que se revisen as condenas do 'procés'
13:25 Dende o PP aseguran que agora se ven as consecuencias da reforma do Código Penal
13:54 A ministra de Dereitos Sociais asegurou que os prezos soben pola especulación dos distribuidores
15:28 España pechou 2022 coa menor taxa de paro en quince anos
17:02 A Xunta habilita un paquete de axudas para contratar persoas en paro
18:04 O Consello da Xunta declarou iniciativa empresarial prioritaria a fábrica que a farmacéutica Indukern vai construír en Monforte
18:52 Un cumio en defensa do corredor atlántico de mercadorías vai reunir mañá en Santiago os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León
19:59 A Xunta pídelle a Fomento que destine a Galicia sete dos 30 trens Avril que está fabricando para levar a alta velocidade ás cidades galegas
20:46 Os operarios do Adif traballan para restablecer o tráfico ferroviario no treito de Lalín onde o martes pasado descarrilou un tren
21:17 Renfe restableceu os todos os servizos na liña entre Ferrol e a Coruña, pero agora hai que facer transbordo e o traxecto dura máis de hora e media, cando en coche leva só 40 minutos
23:02 O Hospital da Coruña foi o segundo de España que mäis transplantes de corazón fixo o ano pasado, un total de 26, dous deles a nenos
24:53 O Parlamento galego pídelle ao Goberno que modifique o sistema de selección de prazas mir para que non queden postos desertos
25:18 O conselleiro de Sanidade reuniuse esta tarde cos alcaldes da área sanitaria Pontevedra-O Salnés para falar da situación da sanidade pública na comarca
26:57 Dentro duns días a máscara deixará de ser obrigatoria no transporte público
29:35 O secretario xeral dos socialistas galegos pídelle á Xunta medidas para axudar as pemes
30:08 Os traballadores de CC.OO. en Galicia están en folga para forzar o sindicato a acordar un novo convenio colectivo e piden unha suba salarial de polo menos o 3,5 %
30:27 Membros do PP galego participaron nunha concentración para apoiar as vítimas dos agresores que están logrando reducións nas súas condenas
31:10 Faleceu Rodolfo Ares, quen fora secretario de Organización do PSE e conselleiro do Interior do Goberno vasco entre os anos 2009 e 2012
31:48 Unha pelexa con paus entre dúas familias en Lugo remata con dous detidos e danos en dous turismos
32:43 En Gondomar organizaron unha batida para tentar dar con Albano Manso, o home de 48 anos que desapareceu hai unha semana
33:10 Detectados varios xabarís en pleno centro de Ourense. As administracións comezaron a tomar medidas para evitar situacións de risco
35:02 A Policía Autonómica comisou na Coruña 160 quilos de ourizo de mar capturado ilegalmente por dous furtivos na zona do Portiño
36:28 Morre un home ao caerlle unha árbore enriba mentres cortaba leña
36:52 A Consellería de Política Social destina 19 millóns de euros para as entidades que traballan na atención a persoas vulnerables
37:34 Sobe a demanda do alugueiro de rochos, que acadan prezos de ata 600 euros ao mes
39:23 Subimos a bordo do buque Ángeles Alvariño, considerado a xoia da frota oceanográfica española
41:05 A neve complica a circulación nas estradas de montaña de Lugo e Ourense
44:28 Os amantes do esquí poderán regresar a partir de mañá á estación de Manzaneda
45:37 Os peregrinos que elixen camiñar no inverno din que con frío ou neve a experiencia ten máis encanto
47:14 Previsión meteorolóxica con Xesús Peleteiro
50:15 Co frío do inverno é o momento de adaptar os hábitos e os produtos alimentarios a esta temporada
52:12 Adiantouse a chegada das cegoñas, din os expertos que se debe ao cambio climático, que trae invernos máis suaves
54:37 O sorteo da Bonoloto deixou un novo millonario en Ourense que conseguiu un premio de tres millóns de euros
56:38 Acaba de crearse o Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza para conmemorar o centenario do nacemento do escritor
57:26 O artista lucense Diego As opta por segundo ano consecutivo ao primeiro premio da maior plataforma de arte urbana do mundo
59:06 O presidente do PP asistiu á presentación do libro que repasa a súa traxectoria política, 'A propósito de Feijóo', escrito por Xosé Luís Barreiro Rivas
59:28 Aprendemos algo de ciclismo con Esther no 'DígochoEu'

Atopar capítulo por: