Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
20/12/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares
O Goberno rexistrará con urxencia unha proposición de lei no Congreso para renovar o Tribunal Constitucional
Alfonso Rueda considera que a decisión do Constitucional se enmarca no normal funcionamento das institucións nunha democracia
A Comisión Europea apoia a decisión do Tribunal Constitucional de frear a reforma
A decisión do Tribunal Constitucional só afecta as dúas emendas que cambiaban o sistema de elección dos seus maxistrados, pero non o resto da reforma do Código Penal
O Goberno lanza un plan para facilitar a transferencia dos achados científicos ás empresas
O Banco de España eleva ata o 4,6 % o crecemento do produto interior bruto este ano, unha décima por riba do previsto
Mañá hai mesa de negociación sobre a suba do salario mínimo
O 95 por cento dos autónomos viron este ano como lles encarecían os custos, e case o 60 por cento perdeu facturación
Galicia é desde hai uns minutos a primeira comunidade de España en ter aprobados os seus orzamentos para o ano que vén
A Xunta impulsa unha norma para reducir a temporalidade no emprego público
Reino Unido e UE pactan as cotas do Gran Sol
Os gandeiros galegos están cobrando prezos históricos polo leite
Fai un ano da chegada do AVE a Ourense
A exvicepresidenta da Eurocámara recoñecería ser parte no Qatargate
Un home de 83 anos mata a súa muller, de 80, en Zaragoza
A policía traballa coa hipótese dunha morte violenta tras o achado este luns do cadáver dun neno de 8 anos en Ceuta
Operación antidroga con 14 detidos e tres toneladas de cocaína incautadas
A Garda Civil detivo tres persoas pola súa suposta implicación na morte dun cidadán portugués o ano pasado no Porriño
Falece o condutor dun vehículo nunha saída de vía en Boqueixón
Segue o xuízo polo accidente de Palmeira en que morreron dous mozos da Pobra en maio do ano 2019
Fai un ano do crime de Cortegada, perpetrado presuntamente por unha muller de 26 anos acusada de queimar e despezar un home
O Sergas implanta plans locais de saúde noutros 29 centros de atención primaria
Os cribados de cancro colorrectal comezaron en Galicia en 2013 e desde entón serviron para detectar máis de 2.000 casos
O presidente da Xunta e os reitores apostan por "reter" o talento dos universitarios
O futuro do percebe da Costa da Morte podería pasar por converterse en Patrimonio Inmaterial da Humanidade
Un gandeiro mindoniense prepara a súa propia liña de produtos derivados do porco celta
O marisco fresco vai subir poucos días antes da Noiteboa
A borrasca deixa vento, ondas, asolagamentos e rebordamentos de ríos en Galicia
A Xunta activa o Plan de risco de inundación no Dubra, Tambre e Lérez
Na última semana a reserva hídrica elevouse máis do 6 por cento
O tempo
As bosteiras das vacas reparten cinco premios de 200 euros
Decoración de Nadal en Loiro grazas aos seus veciños
Récord de visitas no belén de Begonte
Mañá mércores, a partir da unha da tarde, o festival O Son do Camiño pon á venda a primeira remesa de abonos para a vindeira edición de 2023
'Dígocho eu'
Despedida