CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

18/11/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:01 Titulares
06:45 O Ministerio de Igualdade insiste en que non hai fendas na lei do "só si é si", senón na aplicación que se fai dela
08:19 As vítimas quéixanse pola rebaixa da condena dos seus agresores
10:32 Discrepancias no executivo pola lei trans
10:57 O ministro do Interior non terá que enfrontarse a unha comisión de investigación no Congreso pola traxedia dos 23 inmigrantes mortos no valado de Melilla
12:06 Segundo a última enquisa do Centro de investigacións sociolóxicas, a reforma da sedición non lle pasa factura a Pedro Sánchez
13:04 Sánchez reúnese co presidente Yoon Suk-yeol para afondar nas relacións bilaterais
13:04 Yolanda Díaz é a líder mellor valorada, cun 4,9. Sánchez obtén un 4,4 e Feijóo un 4,2
13:53 A presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, asegurou que a ameaza de recesión é cada vez maior
14:14 Preto de 350 persoas morreron desde setembro en Irán nas protestas que comezaron coa morte da moza asasinada por levar mal posto o velo
14:58 A Federación Nacional de Confrarías esixiulle ao comisario de Pesca unha suspensión do veto contras as artes de fondo
17:22 O presidente da Xunta vaille enviar unha carta á ministra de Transportes para pedirlle compensacións pola suba das peaxes que planea a concesionaria da AP-9 para o ano que vén
18:07 Alianza de tres empresas para construír en Castro de Rei unha planta de biometano capaz de cubrir o 11 % do consumo de gas dos fogares da provincia de Lugo
19:57 Os transportistas aplauden que se habilite un desvío máis na A-6 para os días de neve
21:45 Un dos principais fabricantes de automóbiles, BMW, escolleu Oleiros para poñer en marcha un modelo de tenda novo, o primeiro deste tipo en España
21:45 A falta de conexión ferroviaria na terminal de Bouzas baixa a súa valoración
22:15 O Goberno confirma que baixará ao Villa de Pitanxo
24:37 A Federación galega de municipios pide sentar a negociar un novo pacto local coa Xunta
25:01 Sada ten desde hoxe novo Goberno municipal ao prosperar a moción de censura presentada por nove edís dunha corporación de 17 concelleiros
26:21 Francisco Rodríguez será o candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense nas próximas eleccións municipais
26:57 O PSdeG ábrelle expediente disciplinario ao deputado autonómico Martín Seco por cuestionar as decisións do grupo parlamentario desde a tribuna da Cámara
27:37 O BNG pide que a Xunta lidere a defensa do sector vitivinícola
28:10 O Partido Popular vólvelle pedir ao Goberno de España que amplíe as prazas de formación de médicos
28:36 Galicia conta cun dos servizos de Medicina Preventiva máis antigos de España
30:29 María Jesús Alonso acaba de recoller o premio Aseica-Muller, que outorgan os investigadores contra o cancro
30:54 Inauguración formal do centro Aspnais de Lugo, adiada pola pandemia
31:39 Desartellada unha potente rede andaluza de tráfico de cocaína
32:05 Sito Miñanco, volverá sentar no banco dos acusados por narcotráfico
32:34 Esta fin de semana celébrase o Día Internacional contra a Violencia Viaria
33:38 Buscan un estanqueiro desaparecido na parroquia de Covas dende o domingo
34:51 Incendio na igrexa de Santa Lucía de Vincios, en Gondomar
35:24 Redada no barrio lugués da Milagrosa
36:46 Hoxe comezou en Vigo o Congreso Galego de persoas con cancro
38:51 os concellos de menos de 8.000 habitantes tramitarase o certificado dixital
40:46 Esta tarde clausurouse en Silleda o Congreso Internacional de Incendios Forestais
41:43 O encarecemento da enerxía e dos alimentos desbarata as contas dos hostaleiros
43:46 As caldeiras de biomasa levan anos funcionando en Galicia, pero no último ano a súa demanda experimentou un crecemento exponencial
45:57 Quedan menos de 24 horas para o acendido das luces de Nadal en Vigo
48:05 Manzaneda amenceu tinguida de branco
48:31 O tempo
49:50 O Círculo de Empresarios de Galicia distinguiu coa súa medalla de ouro o presidente do Grupo Terras Gauda, Xosé María Fonseca Moretón
50:42 O cardiólogo José Ramón Juanatey ingresa na Real Academia de Medicina de Galicia
51:12 Repuntan as librarías de segunda man
53:08 Desde mañá xa se pode visitar a mostra fotográfica de Steven Meisel na Coruña
54:40 A mostra Ferrol no tempo reivindica o papel da cultura urbana
55:12 Hoxe chega aos cines 'Os demos de barro', unha película na que participa a Televisión de Galicia
55:58 A actriz Charo López está hoxe en Santiago para recoller o premio que lle outorga Cineuropa
57:44 Esta noite, 'Luar'
59:29 'Dígocho eu'
01:00:25 Despedida

Atopar capítulo por: