CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

12/09/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares
07:06 A principios do ano que vén, a multinacional Kern Pharma comeza a construción dunha planta de inxectables en Monforte de Lemos que lle vai dar traballo especializado a medio cento de persoas
08:49 O presidente Rueda vai comparecer no Parlamento a finais deste mes para explicar os grandes obxectivos dos orzamentos do ano que vén
10:17 Galicia e outras tres comunidades autónomas levan a Bruxelas os ataques do lobo e o crecemento das mandas
14:15 Os tres aeroportos galegos gañaron pasaxeiros en agosto respecto ao mesmo mes do ano pasado
15:11 Dende a entrada en vigor dos bonos gratuítos de tren, Renfe alerta dun alto número de prazas reservadas que non se chegan a ocupar
16:55 Primeira xuntanza entre Goberno e distribuidoras para consensuar unha cesta de alimentación a prezos limitados
17:28 Yolanda Díaz quere que o prezo deses produtos non suba no que queda de ano e que ese tope se manteña tamén despois do Nadal. As grandes distribuidoras rexeitan a proposta
19:16 Desde o Partido Popular apostan por incentivar o aforro das familias antes de adoptar medidas como limitar o prezo dos alimentos
19:43 Os produtores temen que esta limitación de prezos afecte o que lles pagan a eles polos alimentos en orixe. Tampouco están de acordo os pequenos comerciantes
21:32 O ministro de Seguridade Social aposta por subir a pensíón máxima e descarta prolongar o período de cálculo aos 35 anos
22:32 Os ingresos por cotizacións á Seguridade Social crecen un 8,6 %
22:56 O Banco de España advirte de que se vai frear a economía e que os prezos seguirán altos máis tempo
23:27 O Goberno fala de economía sólida grazas ás reformas que están a facer
24:05 O presidente do Goberno pídelles aos deputados e senadores socialistas un esforzo de pedagoxía contra o modelo da dereita
24:47 Sigma Dos asegura que o Partido Popular gañaría as eleccións
25:18 A enquisa de Gad3 para 'ABC' vaticina unha vantaxe do PP sobre o PSOE de máis de corenta escanos
25:40 O Partido Popular propón facerlle descontos nas facturas de luz e gas a particulares e pemes que aforren no consumo
26:41 A suba do gas podería disparar a factura das calefaccións centrais este inverno
28:34 Prisión preventiva para a traballadora do concello de Verín detida polo incendio de agosto na vila
29:02 Indignación na familia de Déborah Fernández tras a aparición, 20 anos despois, nunha comisiaría de Madrid de varios obxectos relacionados co caso
31:43 O xulgado mantén a absolución dun futbolista acusado de agresión sexual no Carballiño
32:12 Un incendio de madrugada nun posto de venda ambulante nas festas de Porto do Son a piques estivo de acabar en traxedia
33:46 Os veciños do barrio de Monelos, na Coruña, denuncian que os roubos na zona son constantes, sobre todo nos coches aparcados na rúa
35:15 Os veciños de varias parroquias do concello de Cervantes están a ter problemas coa conexión a Internet
36:43 Os restos da raíña británica partiron da residencia real de Edimburgo cara á igrexa onde xa está instalada a súa capela ardente
37:07 Milleiros de persoas acompañaron a comitiva cos restos da monarca pola capital escocesa, un cortexo fúnebre en que tamén estivo o novo monarca Carlos III
40:05 Os reis de España asistirán ao funeral de Isabel II
40:21 O rei Xoán Carlos e mais a raíña Sofía asistirán ao funeral por Isabel II
40:41 Putin perde apoio entre os seus e xa hai quen pide o seu cesamento
41:21 Rueda opón a "Xunta unida" do PPdeG fronte ao "Goberno dos insultos" de Pedro Sánchez
42:28 O secretario xeral do PSdeG ofrece Galicia como "solución á crise enerxética
42:55 Unha das revistas científicas máis prestixiosas do mundo dálle eco a un estudo de dous científicos galegos que investigan a relación entre a covid e o cancro
44:35 En Vigo hai un restaurante que incluíu no seu cadro de persoal un camareiro robot
46:45 Os ximnasios volven encherse neste mes de setembro
49:17 Os restos do furacán Danielle, convertido en tormenta tropical no Atlántico, chegaron a Galicia con chuvia intensa sobre todo en puntos do litoral
51:22 O tempo
53:09 Comezou a colleita da pataca na principal comarca produtora de Galicia, a da Limia, e as previsións non son boas
55:00 Na montaña luguesa está Murias, unha pequena aldea no concello de Navia de Suarna que chama a atención porque practicamente todas as casas están conservadas
57:18 Fabiola García, a conselleira de Política Social, deu a luz o seu segundo fillo
57:37 Morre Pilar Rodríguez Prada, viúva do escritor galeguista Paz Andrade
58:09 Os reis presidiron esta tarde a apertura do Ano Picasso 2023 no museo raíña Sofía de Madrid

Atopar capítulo por: