Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
02/09/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Serán
A Seguridade Social perdeu case 190.000 afiliados o mes pasado
A Asociación de Autónomos di que os datos do paro reflicten o mal momento que atravesan, e CCOO cre que a suba é normal en agosto
O Partido Popular destacan que a taxa de paro en España duplica a media europea, mentres o Goberno fai unha lectura positiva do avance do emprego
A Airef revisa á baixa as previsións de crecemento da economía española
Yolanda Díaz convocou a comisión de expertos sobre a suba do salario mínimo
A portavoz nacional do BNG trasladoulles o seu apoio aos traballadores da empresa coruñesa Teleperfomance
Os sete países máis industrializados do mundo propoñen poñerlle un tope ao prezo do petróleo ruso
A vicepresidenta terceira reuniuse con representantes do sector da coxeración, na rolda de contactos para elaborar o novo plan de aforro enerxético
O ministro da Presidencia defende que a rebaixa do IVE do gas chega no momento idóneo
O Partido Popular reclama que se manteñan activas todas as centrais para produción de enerxía
A Xunta marcase como obxectivos prioritarios as enerxías renovables e a eficiencia no consumo en empresas e fogares
Triplícase a demanda de placas solares para fogares e empresas
A secretaria xeral dos populares galegos trasladoulle o apoio do partido a Elena Candia, candidata á alcaldía de Lugo
O presidente catalán Pere Aragonès non acudirá á manifestación independentista polo día da Diada
A policía arxentina rexistra o domicilio do home detido onte tras intentar asasinar a vicepresidenta do país
Rematan as primarias no Reino Unido para elixir a novo líder do Partido Conservador e próximo primeiro ministro
A NASA volverá intentar mañá lanzar o foguete da misión Artemisa, o primeiro paso para establecer unha base na Lúa nos próximos 20 anos
Milleiros de estudantes volveron ás aulas en Ucraína nas zonas consideradas máis seguras do país
Sanidade elimina as últimas restricións nos centros educativos
O concello de Santiago modificará o PXOM para facilitar a posta en alugueiro de vivendas
A Xunta vai impulsar o turismo termal en colaboración coa Organización Mundial de Turismo
Ourense acollerá a finais deste mes o Congreso de balnearios, en que participarán profesionais de todo o mundo
Os balnearios galegos rozaron o 75% de ocupación media este verán, e prevén unha campaña moi boa no outono
Estabilizado o incendio forestal en Ribadavia
A Policía Autonómica investiga unha persoa como presunta autora do incendio forestal declarado esta semana en Cenlle
Ribadavia leva case un mes con restricións na traída de auga, e a situación non mellora
A auga volve ser apta para o consumo en Malpica
A Xunta insta os concellos a prepararse para afrontar mellor as situacións de seca prolongada
A seca ameaza o día a día das granxas
Un operativo por terra, mar e aire busca un mariñeiro que está desaparecido desde esta mañá na ría de Aldán
Bruxelas podería reclamarlle á armadora do Villa de Pitanxo que devolva as axudas europeas se se demostra que houbo neglixencia do capitán ou da empresa
O Papa Francisco recibirá en audiencia os familiares do Villa de Pitanxo
A policía de Xibraltar deixou en liberdade o capitán do buque encallado en augas da rocha despois de chocar cun barco metaneiro
Investigan o ataque con explosivos a un caixeiro en Pazos de Borbén
Dous operarios quedaron feridos, un deles grave, cando traballaban nunha arqueta da compañía eléctrica no barrio do Calvario, en Vigo
Tres veciños de Lugo caeron na trampa dun suposto xamán que prometía curar enfermidades e o mal de ollo
A intervención dun vixilante da confraría permitiu recuperar 40 quilos de percebes apañados de forma ilegal en Laxe
A primeira fin de semana de setembro chega con cambios no tempo
O tempo
Salvan tres arroaces que quedaran varados na enseada que separa Rianxo e Boiro
Atopan na ría de Ribadeo os restos da embarcación máis antiga utilizada por peregrinos na súa viaxe a Compostela
O Mosteiro de xunqueira de Espadanedo conta con dúas novas obras coas que ampliar o seu conxunto artístico
Comeza en Ferrol unha nova edición do festival das Meninas de Canido
Pontevedra celebra a XIX Feira Franca
Despedida