Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
01/09/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Serán
Pedro Sánchez anuncia unha rebaixa do IVE do gas do 21 ao cinco por cento a partir de outubro
O presidente da Xunta considera que o anuncio da baixada do IVE do gas chega con atraso
Unidas Podemos di que a redución do IVE do gas é unha boa medida, pero advirte que terá que ir acompañada de subas de impostos
A Comisión Europea estuda limitar o prezo das renovables
A gasolina sobe despois de dous meses á baixa
Primeiro día en vigor dos abonos para viaxar en tren de balde ou con descontos
Entran en vigor os descontos da Xunta para o transporte interurbano
Yolanda Díaz presenta o seu proxecto Sumar en Folgoso do Courel
O traslado a prisións do País Vasco dos exxefes da ETA Txapote e Parot entronta o Goberno e o PP
A familia do expresidente andaluz José Antonio Griñán, solicitou hoxe o seu indulto
A Mesa do Parlament de Cataluña ratifica a suspensión de Laura Borrás como presidenta da Cámara
A Generalitat anuncia que ningún centro educativo aplicará a sentenza que establece que o 25 por cento do ensino ten que ser en castelán
O Partido Popular insta o Goberno a que aprobe medidas para facilitar a volta á clase do que chamou "o curso escolar máis caro da democracia"
O profesorado que se incorpora este curso ás aulas galegas de infantil e primaria participou hoxe nunha xornada de benvida
A voceira nacional do BNG propón unha liña extra de axudas para os autónomos
Gadisa consolídase como a compañía de distribución que máis empregos crea en Galicia: supera os 8.000 postos de traballo
O Consello da Xunta aproba a contratación das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
A Axencia Europea do Medicamento autoriza o uso das vacinas contra as novas variantes da Covid en maiores de 12 anos
Vladimir Putin non acudirá ao enterro do expresidente da URSS, Mijail Gorbachov
O presidente da petroleira rusa Lukoil morre tras precipitarse desde o sexto piso do hospital onde estaba ingresado
Condenan a case 160 anos de cárcere o asasino de Marta Calvo e doutras dúas mulleres
O acusado do crime de Valga será xulgado por tres delitos de asasinato, tenza ilícita de armas e lesións psíquicas graves aos seus fillos
A Fiscalía pide 14 anos de cadea para o dono da pirotecnia de Paramos que explotou hai 4 anos e en que houbo dous falecidos e 37 feridos
A Garda Civil e a Policía Local interveñen nunha pelexa entre dous grupos de mozos rivais nas Pontes, en que un levaba unha catana
Un home duns 40 anos quedou ferido grave en Ribeira ao caer dun guindastre, desde case 20 metros de altura
A Garda Civil investiga un intento de atraco con explosivos nunha sucursal bancaria de Cangas
A policía detivo os líderes dunha banda que traficaba con drogas nunha casa ocupada de Lugo
Detido o capitán do mercante sinistrado en Xibraltar, ao parecer por desoír ordes do porto trala colisión con outro barco
Estabilizado un incendio en Lobeira que queimou 35 hectáreas
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil traballa para evitar que as chuvias agraven as consecuencias dos incendios forestais deste verán
A incidencia dos incendios forestais dificulta o regreso ao traballo dalgunhas empresas pirotécnicas
Os socialistas galegos cren que a Xunta debe tomar medidas a longo prazo para evitar episodios de seca como o que estamos a vivir
O concello pontevedrés de Barro é o último en aplicar os cortes de auga nocturnos para evitar esgotar o que queda nos depósitos
A colleita de millo estase adiantando nas comarcas máis afectadas pola seca
Comeza a vendima en Monterrei
Un xubilado de Lugo colleita cabazas de máis de 80 quilos
O tempo
Xa podemos saber de onde veñen os turistas estranxeiros que nos visitan polos datos dos seus teléfonos móbiles
Comeza a temporada lírica na Coruña
O festival Portamérica que une música e gastronomía anuncia unha versión mexicana
Despedida