Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
18/08/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
O Goberno di que estudará a petición de indulto para o expresidente do PSOE José Antonio Griñán
Feijóo critica que o Goberno pretenda decidir sobre o indulto a Griñán de forma unilateral
Feijóo asegura que non coñecía o documento que asinou a anterior dirección do PP sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial
Feijóo reclámalle ao Goberno que negocie medidas de aforro enerxético, e unha rebaixa do IRPF
A xustiza marroquí condena a dous anos e medio de cárcere outros 13 migrantes polo asalto masivo ao valo de Melilla
Francia frea as aspiracións de Alemaña, Portugal e España para construír o tramo de gasoduto desde Cataluña ata o centro de Europa
Alemaña rebaixa o IVE do gas para aliviar o gasto doméstico
A baixada da produción hidráulica fai subir a demanda e o prezo do gas
O Goberno aínda non ten unha decisión firme sobre o futuro da central de carbón das Pontes
A Xunta vai destinar preto de millón e medio de euros a mellorar os polígonos empresariais de nove concellos ourensáns
A falta de leite reduce a produción de queixo, que subirá de prezo
Almorzar fóra da casa custa un euro máis que hai un ano
A gasolina encadea oito semanas á baixa, pero segue en máximos históricos para un mes de agosto
Un vehículo novo custa hoxe uns 2.400 euros máis que hai tres anos
A partir da semana que vén os usuarios do tren pode empezar a adquirir os bonos para viaxar de balde ou con descontos
Máis de 35.000 reclamacións ás compañías aéreas en España desde o mes de maio
As casas de turismo rural rozan o cheo nas Rías Baixas, a Ribeira Sacra ou ao paso do Camiño de Santiago
Educación aproveita as vacacións de verán para renovar algúns centros educativos
O Concello de Lugo emitiu a orde para demoler o edificio Garañón
O PSdeG pide máis recursos para a atención primaria
España é o país que acumula máis casos de varíola do mono, con 5.719 contaxios
Atopan o cadáver do home desaparecido en Betanzos
Un mozo que ía en patinete, ferido grave en Ourense ao ser atropelado por un coche
Denuncian a morte dunha muller no PAC de Sanxenxo ao non conseguir unha ambulancia
Un veciño conflitivo está sendo un pesadelo para os habitantes dunha aldea da Peroxa, na comarca de Ourense
Veciños de Ordelles, no Pereiro de Aguiar, maniféstanse para reclamar paz e convivencia e contra unha parella conflitiva
A Garda Civil investiga un tiroteo nun bar en Pontedeume
Dous homes morren afogados na praia de Salou
Un cativo de tres anos morre ao caer dende un terceiro piso na localidade de Lucena, en Córdoba
Atopan os corpos de dous nenos nunhas maletas en Nova Zelandia
Córsega avalía os danos da violenta treboada que arrasou a illa e causou polo menos seis mortos e unha vintena de feridos
As treboadas deixan dous adultos mortos na Toscana e dous nenos en Carintia por caída de árbores
O Goberno valenciano encarga unha investigación sobre o incidente do tren alcanzado polas lapas en Bejís, que deixou tres feridos graves
Continúan en Pantón os traballos para extinguir o último incendio declarado en Galicia
Vigo é a primeira cidade galega en tomar medidas por mor da seca
Unha rúa de Vigo, a máis cara de Galicia e entre as máis exclusivas de España
Aumenta a demanda de casas con piscina e xardín
Os pagamentos con tarxeta seguen gañando terreo
Están en Galicia os veleiros que participan na tavesía que conmemora os 500 anos da primeira volta ao mundo de Juan Sebastián Elcano
Betanzos vive un dos días grandes das súas festas coa primeira xira dos Caneiros
Betanzos volverá tentar esta noite lanzar o globo de papel
Pontevedra celebra a Batalla das Flores dentro da semana grande das súas festas da Peregrina
Vilagarcía gastou menos auga na Festa de San Roque que calquera día do mes de agosto
O tempo
O cabo Touriñán en Muxía é estes días o lugar onde máis tarde se pon o sol de toda a Europa continental
Dous mozos fan esquí acuático a gran velocidade polo Gran Canal de Venecia
Un can que paseba polo porto do Freixo bótase ao mar ao ver un golfiño