CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

11/08/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
07:26 O Goberno felicita os comerciantes e a industria pola aplicación das medidas de aforro enerxético, fronte ás críticas do PP
09:12 A Xunta pídelle ao Goberno do Estado que consensúe as medidas de aforro e que poña en marcha unha liña de axudas
09:48 As empresas de autobuses reclámanlle ao Goberno que estenda os bonos gratuítos para viaxar en tren a todo o transporte público
12:21 Os prezos dos combustibles baixaron un 2 % na última semana e volven a cifras de antes da guerra
13:54 O Goberno non desbota que Rusia corte o envío de gas a Alemaña este outono
14:20 O chanceler alemán propón recuperar o proxecto de construción dun gasoduto desde España
15:01 Alemaña rebaixará os impostos para reducir o impacto da escalada de prezos nas familias
15:21 O Partido Popular pídelle ao Goberno Sánchez que siga o exemplo dos socialistas alemáns e baixe os impostos
15:59 Bruxelas retirará a próxima semana a vixilancia sobre a economía grega
16:26 As hipotecas subiron un 23 % no primeiro semestre deste ano
16:45 Mañá abre o prazo para solicitar as axudas da Xunta para os autónomos
17:15 Os gandeiros seguen sen cubrir os custos de produción, a pesar de que xa cobran 43 céntimos por litro de leite
19:35 As capturas dalgunhas especies de marisco caeron máis do 50 % no último ano, e a calor pode ser o motivo
21:23 A lonxa de Burela foi a segunda que máis facturou o ano pasado en Galicia
21:57 O PSdeG insta a Xunta a poñer en marcha medidas para evitar o despoboamento no rural
22:21 O material escolar pódese encarecer ata un 30 % na volta ás aulas deste ano
24:13 A policía detivo un veciño de Abegondo que tiña instalado na súa propia casa un taller de fabricación de armas con impresión 3D
25:44 Descártase que as dúas denuncias por picadas a mozas sexan intentos de submisión química
26:14 Preocupación en Vilagarcía polo aumento da ocupación ilegal no barrio da Torre
27:56 Un home de 75 anos morreu asfixiado polo fume dun incendio na súa casa de Tordoia
29:23 Os tres grandes incendios da provincia de Ourense arrasaron desde antonte preto de 3.000 hectáreas
32:40 O grupo parlamentario popular solícitalle ao Goberno central a declaración de zona catastrófica dos concellos afectados polos incendios do mes de xullo
33:11 A Xunta e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes poñen en marcha paquetes turísticos para atraer visitantes ás zonas máis afectadas polo lume
34:53 Detido un veciño de Coristanco acusado de provocar un incendio forestal no propio municipio
35:12 As treboadas eléctricas da noite pasada provocaron numerosos incendios por todo o norte de España
36:49 Unha mestura de altas temperaturas e vento turbulento formaron un tornado de lume en California
37:25 O IXN detecta un enxame sísmico e altas concentracións de dióxido de xofre na Palma
38:04 O concello ourensán de Ribadavia declara a alerta por seca
40:22 O concello de Pantón decretou o corte nocturno na rede municipal ao detectar un consumo desmedido
42:05 O concello de Vilar de Barrio usa un dron para vixiar que se cumpran coas restricións de auga
43:49 A seca deixa ao descuberto o campamento romano de Aquis Querquennis en Bande
46:14 Comeza en Vigo unha nova edición do Marisquiño
48:25 Queixas entre os turistas porque
49:50 Un 'chiringuito' galego foi escollido pola revista Forbes como un dos mellores de España
52:01 O tempo
53:35 Dez anos da restauración do Ecce Homo de Borja
55:30 Volven os bóxers como unha das pezas interiores masculinas preferidas
57:23 DígochoEu
58:08 O vigués Pablo Lesuit e a banda Jenny and The Mexicats tocan en Cambados dentro do ciclo 'Os xoves do Códax'

Atopar capítulo por: