CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

09/08/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
06:57 Esta medianoite entran en vigor as primeiras medidas de aforro enerxético decretadas polo Goberno
10:01 O presidente da Xunta asegura que as medidas incluídas nese decreto non serán útiles para aforrar enerxía, pero que Galicia as vai acatar
10:46 Os bares con terraza temen que a obriga de manter as portas pechadas complique o traballo dos camareiros
12:52 A falta de xeo complica o traballo na hostalería
14:24 O desabastecemento de vidro xa afecta as adegas
16:03 A inflación reduce as ganancias dos salóns de peiteado e pode obrigalos a subir as tarifas
17:47 A conselleira do Mar confirmou que Galicia recorrerá ante a xustiza a reforma do Regulamento de Costas
18:21 O novo regulamento de Costas tamén afecta aos 'chiringuitos' de praia
19:55 A campaña do polbo que rematou en maio foi das mellores dos últimos anos, e as previsións son boas na que está en marcha
21:40 O Sindicato Labrego Galego pídelle ao Ministerio de Agricultura que inclúa as granxas tradicionais de cebo nas axudas aos gandeiros de carne
22:21 A situación económica das granxas obriga a algunhas explotacións a reducir a súa cabana
24:40 O vicepresidente económico Francisco Conde visita as obras de construción do centro de fabricación avanzada da Sionlla, en Santiago
25:11 O Goberno galego prepara unha nova lei que permitirá darlles prazas sen oposición a algúns médicos
25:33 O sector turístico creou a metade do emprego en España no segundo trimestre do ano
27:28 O alcalde de Santiago considera positiva a peregrinación europea de mozos
28:04 Os días 12 e 13 de agosto, Renfe reforza os trens entre A Coruña e Vigo con motivo do Marisquiño
28:42 Os galegos, os que máis gastan no mantemento do coche
31:16 Tráfico intensifica os controis de alcol e drogas no verán
32:51 Un policía nacional fóra de servizo rescatou un home que caera ás vías do metro de Madrid
33:15 Dous falecidos en accidentes con maquinaria agrícola
33:32 Un neno de 9 anos permanece ingresado na UCI do Hospital Aquitecto Marcide de Ferrol tras ser alcanzado por un raio na praia de Vilarrube, en Valdoviño
35:58 A policía arrestou cinco persoas acusadas de agredir un home na madrugada do 22 de xullo en Pontevedra
36:25 O xerente dun bar de Castrelo do Miño botou un cliente polos comentarios racistas que lle fixo a un camareiro
38:33 A Garda Civil detivo un empresario do concello coruñés de Ames por vender pezas de roupa falsas
40:17 As autoridades marítimas non descartan restrinxir a navegación nalgunhas zonas, pola presenza de candorcas
42:02 Un incendio declarado en Casaio, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, leva queimadas 90 hectáreas
42:49 As reservas de auga seguen baixando en toda España: os embalses xa están de media no 39 por cento da súa capacidade
43:32 O presidente Rueda fai un chamamento aos concellos para que fagan un uso responsable da auga
44:16 Os concellos da Coruña chaman ao consumo responsable de auga para facer fronte á seca
45:54 Ourense alcanza a temperatura récord do día en Galicia, con case 41 graos
49:19 O tempo
50:58 A temperatura do mar Mediterráneo acadou un máximo histórico en Valencia: case 30 graos
51:29 A calor e a falta de auga obrigou a adiantar a vendima en Valdepeñas
51:59 O Carballiño volve bater o récord da tapa máis grande do mundo
54:55 O Saviñao celebra a súa tradicional carreira de burros
57:06 O FBI rexistrou a masión que o expresidente Donald Trump en na Florida
57:39 Taiwán proba as súas defensas mentres China prolonga as súas manobras
58:10 A aspirina fai 125 anos
59:39 Morreu o deseñador de moda xaponés Issey Miyake aos 84 anos
01:00:24 Dous falecidos en accidentes con maquinaria agrícola en Covelo e en San Amaro
01:00:58 Despedida

 

Atopar capítulo por: