Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
12/07/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Serán
Pedro Sánchez afronta no Congreso o seu primeiro debate sobre o estado da nación
Os populares criticaron a falta de autocrítica do Goberno e pediron medidas a longo prazo para paliar a inflación
O líder de Vox pediulle ao presidente que marche
Unidas Podemos, satisfeito polo que consideran un xiro á esquerda nas medidas anunciadas por Sánchez
Esquerra Republica de Cataluña desconfía do xiro á esquerda e pide subas de impostos para as empresas
Primeiro debate sobre o estado da nación sen que o líder da oposición dea a réplica
Alfonso Rueda acusa a Pedro Sánchez de non facer autocrítica no debate sobre o estado da nación
Os grandes bancos caen na bolsa tras anunciar o presidente do Goberno o novo imposto
A Asociación Española da Banca afirma que o novo imposto anunciado por Sánchez reflicte a "improvisación xurídica" en que opera o sector
Sánchez aposta no Congreso polas enerxías renovables
A térmica das Pontes podería manterse aberta para facer fronte ao escenario de crise enerxética
O presidente da Xunta cre que o Goberno do Estado amosa unha falta de planificación en materia enerxética
luz volve pasar mañá dos 300 euros o megawatt
O euro vale o mesmo que o dólar por primeira vez en vinte anos
A Xunta asinou coa patronal galega un acordo que converte os empresarios en entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego
A multinacional Inditex celebrou na súa sede de Arteixo a primeira xunta de accionistas presidida por Marta Ortega
Escasa incidencia en Galicia na primeira das doce xornadas de folga convocadas pollos traballadores de Ryanair
O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade fortalecer os servizos de Medicina Interna da nosa comunidade
A oferta de Formación Profesional increméntase o próximo curso en 1.700 prazas
O Parlamento renova varios postos no Consello de Contas e no da CRTVG
A policía investiga o caso dunha muller que apareceu morta en Málaga no interior dun sumidoiro
Un accidente de tráfico en Cartelle custoulle a vida a un home que envorcou co seu coche na estrada que vai de Celanova a Barral
Arde un tractor na estrada que vai de Oroso a Santiago
A provincia de Ourense está en aviso vermello pola vaga de calor
Aviso laranxa polas altas temperaturas na provincia de Pontevedra, no interior da Coruña e no sur de Ourense
A Mariña convértese nun oasis térmico, con máximas de 25 graos
A vaga de calor dispara a demanda de ventiladores e aparellos de aire acondicionado
Consellos para actuar ante un golpe de calor
O concello de Lalín restrinxe o uso da auga da traída
O tempo
As temperaturas extremas favorecen os incendios en España e Portugal
O Goberno galego vai presentarlle ao ministerio de Transportes unha nova proposta para evitar que o tráfico atravese Pedrafita
A Xunta pídelle a Bruxelas que as normas estean baseadas en estudos sólidos para evitar casos como o veto á pesca de fondo
As mariscadoras extreman estes días os controis contra os chamados furtivos de bañador
Morre unha balea varada no porto de Combarro, en Poio
Galicia irmándase con Corea a través das súas rutas de peregrinación
O Pantín Classic reactiva o turismo e a economía de Ferrolterra
60 autocaravanas peregrinan a Santiago desde Pedrafita
Retencións importantes na AP-9 despois dun accidente entre dous camións
Un golfiño achégase aos bañistas nas Cíes
O telescopio James Webb desvela as imaxes máis nítidas e profundas do Universo que nunca viramos
Xa está á venda a primeira boneca inspirada en Jane Goodall, a eminente etóloga e primatóloga, dedicada aos chimpancés
Despedida