Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
30/06/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
O Ministerio de Transportes propón unha alternativa de mobilidade pola derruba na A-6 que acurta o desvío, pero non evita totalmente o paso da tráfico por Pedrafita
Rueda pídelle á ministra de Transportes que indique cando chegarán os trens AVRIL a Galicia
A Xunta aproba un novo paquete de axudas para a hostalería e convenios cos sectores con máis demanda de persoal para formar traballadores
Rueda anuncia a compra de oito novos equipos de radioloxía vascular e neurovascular por valor de 8,4 millóns de euros para o Sergas
Concentración en defensa da sanidade pública no Barco de Valdeorras
O secretario xeral dos socialistas galegos pide que se aumente o orzamento que se destina a Atención Primaria e Hospitalaria
O Sergas di que este verán o cen por cento das camas hospitalarias volverán estar dispoñibles para quen as precise
A Xunta vailles ofrecer formación aos traballadores afectados pola venda de Barreras
A fábrica de papel tisú que quere instalar Ence nas Pontes será, para a Xunta, un dos piares da industria galega do futuro
O proxecto de Ence nas Pontes únese á planta de hidróxeno verde promovida por Reganosa e EDP neste mesmo concello
O chamado hidróxeno verde permite a produción de enerxía con cero emisións de carbono
Comezou en Boqueixón a sexta edición de Galiforest, a feira máis importante de España do sector forestal
O gasóleo marcou un novo máximo histórico esta semana, mentres que o prezo da gasolina baixou lixeiramente
A tarifa do gas sobe un 10 % a partir de mañá para os clientes que estean no mercado regulado
Xuño remata como o terceiro mes máis caro para a factura da luz
O Goberno di que o tope ao gas permitiu rebaixar o prezo da luz nun 14 por cento, mentres a oposición di que o Executivo serve outros intereses
O presidente do PP di que o último dato de inflación, superior ao 10 %, demostra o fracaso das políticas económicas do Executivo
Os líderes da OTAN abandonaron Madrid tras pechar un cumio que cualificaron de maneira unánime como histórico
España comprometeuse coa OTAN a incrementar o gasto en defensa ata un 2 por cento do produto interior bruto
Os acompañantes dos líderes presentes no cumio tiveron outra xornada de actividades culturais
O cumio da OTAN achegou os participantes á arte
O primeiro ministro do Canadá realizou a súa primeira visita oficial a España e a primeira dun mandatario daquel país nos últimos vinte anos
Aitana Mas toma posesión como vicepresidenta da Generalitat Valenciana tras a dimisión de Mónica Oltra a semana pasada
O Parlamento de Israel aproba a súa disolución e convoca eleccións para o 1 de novembro
Unha muller morreu e un home que ía con ela está ferido grave ao ser atropelados por un autobús urbano no centro da Coruña
Tres detidos en Vigo nunha pelexa en que se utilizaron armas brancas
A Garda Civil desartellou en Carballo un grupo criminal dedicado ás estafas bancarias
Un estrago na pista complica o tráfico no aeroporto de Santiago, xa afectado pola folga de Ryanair
Cortan o tráfico de camións nunha ponte de Monforte ao desviarse un dos piares
O ADIF abriu a liña de Lugo a Monforte, cortada por obras desde xaneiro
As obras para instalar unhas ramplas mecánicas no centro de Ourense obrigaron a desviar parte do tráfico pola rúa do Paseo
Un tráiler quedou atrapado nunha pista de Xove e houbo que tirar un muro para poder sacalo
A Garda Civil de Betanzos conta dende primeiros de ano cun equipo especializado na loita contra a violencia de xénero
Comerciantes da Coruña pídenlle ao Concello a instalación de desfibriladores tras a morte por infarto dun home á saída dunha tenda
Unha asociación redondelá de atención a persoas con diversidade funcional denuncia o roubo de material agrícola nas súas instalacións
Comezou na Coruña a vista para determinar que bens mobles forman parte do pazo de Meirás e cales poden ser retirados polos Franco
Os corpos dos dous tripulantes falecidos no Albacora Cuatro poderían chegar a Galicia esta fin de semana
O tempo
A quenlla que apareceu varada en Oleiros morreu por comer plásticos no mar
Comeza a Rapa das Bestas de Sabucedo
Chegan os trens cheos a Galicia na véspera do inicio das vacacións de verán
Verino celebra 40 anos na moda cunha exposición das mellores fotos das súas coleccións
Despedida