CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

30/06/2022 15:30 h

Índice de contidos

00:01 Titulares do 'Telexornal mediodía'
06:36 Volve estar operativo o aeroporto de Santiago, que este mediodía permaneceu pechado durante unhas horas por un estrago na pista
09:50 Xornada de atrasos e cancelacións pola folga en Ryanair
12:41 A folga dos tripulantes de cabina de Ryanair tamén provocou moitos atrasos e cancelacións en toda España
14:05 Unidas Podemos non apoiará o aumento do gasto militar
15:07 O Partido Popular está disposto a apoiar o aumento do gasto en defensa, pero piden unha proposta coherente e conxunta por parte do Goberno
15:40 Jens Stoltenberg: "Vivimos a situación máis perigosa en décadas"
18:21 Segue a axenda cultural programada para os acompañantes dos líderes mundiais que participan no cumio
20:12 Pedro Sánchez explicou que a crise pola inflación centrou parte das conversas dos líderes mundiais no cumio da OTAN
20:45 O presidente do PP di que o último dato de inflación, superior ao 10 %, demostra o fracaso das políticas económicas do Executivo
21:24 A capacidade de aforro dos fogares españois derrubouse no primeiro trimestre deste 2022
21:57 Xuño remata hoxe como o terceiro mes máis caro para a factura da luz
22:36 O Goberno salienta a rebaixa na factura da luz e nos beneficios das eléctricas
22:56 Preocupación pola suba da tarifa regulada do gas natural un 10,4 %
25:19 Esta tarde o Ministerio de Transportes informará sobre as alternativas para solucionar os problemas de tráfico en Pedrafita
26:15 O presidente da Xunta enviaralle esta mesma tarde unha carta á ministra de Transportes para saber cando chegarán os trens AVRIL a Galicia
27:12 Galicia presenta proxectos culturais por valor de 400 M aos fondos europeos
28:55 Esta mañá aprobouse unha achega de máis de dous millóns para formación na construción e no comercio
30:01 A Xunta tamén aprobou un novo paquete de máis tres millóns de euros para apoiar a hostalería
30:25 A Xunta compra equipos para os hospitais de Ferrol, Lugo e Ourense
30:47 O proxecto de Ence de instalar nas Pontes unha fábrica de papel tisú será, para a Xunta, un dos piares da industria galega do futuro
32:26 Tres proxectos de futuro para unha novo modelo industrial en Galicia
34:14 A familia Franco renuncia a cinco bens do pazo de Meirás
35:26 Ás portas do mes de xullo, volven subir os contaxios de covid en Galicia
35:47 O secretario xeral dos socialistas galegos pide que se aumente o orzamento que se destina a Atención Primaria e Hospitalaria
36:16 Inclínase un piar dunha ponte en Monforte
37:51 A DXT prevé máIs de 550.000 desprazamentos en Galicia nesta primeira operación de tráfico do verán
38:24 As obras nunha céntrica rúa da cidade de Ourense para a instalación dunhas ramplas mecánicas obrigaron a desviar parte do tráfico pola concorrida rúa do Paseo
40:02 En Lugo comezou a retirada dos máquinas da ORA que levaban sete anos fóra de servizo
40:29 A situación do novo auditorio de Lugo, que segue pechado, chega ao Parlamento galego
41:02 A Garda Civil de Betanzos conta dende primeiros de ano cun equipo VioXen formado por tres axentes especializados na loita contra a violencia de xénero
41:53 A feira Galiforest inaugura a súa sexta edición con cifras récord de expositores e demostracións
43:26 No círculo polar ártico superan os 30 graos, máis calor que en Galicia
43:55 Adianto do tempo
45:27 O secretario xeral de Cultura e o director da Fundación Catedral presentaron esta mañá na capital de Galicia a exposición 'Chacona, a canción de Santiago'
46:10 O venres comeza o festival Rompetiño 2K22

Atopar capítulo por: