CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

30/06/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
07:34 Os países membros da OTAN aproban en Madrid o novo concepto estratéxico da Alianza Atlántica
08:01 A OTAN sinala a Rusia como a súa principal ameaza e advirte tamén do poder que está collendo A China
10:52 O rei Filipe mantén audiencias con participantes no cumio da OTAN
11:17 Os acompañantes dos mandatarios estranxeiros que participan no cumio da OTAN participan nunha axenda de lecer coa raíña Letizia como anfitrioa
12:37 O grupo popular pregúntalle no Congreso ao ministro de Consumo polo cumio da OTAN e a posición do Goberno
13:40 O ministro do Interior reitera a solidariedade coas vítimas do asalto do valado de Melilla, pero evita referirse á actuación da policía marroquí
15:38 Unidas Podemos rexeita o pacto entre Sánchez e Biden para aumentar a presenza militar na base de Rota
16:11 O BNG reclama unha investigación para depurar responsabilidades sobre o derrubamento do viaduto na A-6
17:01 O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa en que se lle pide ao Goberno central que revise a integridade de toda a infraestrutura
17:55 Mañá reabre a liña de tren Lugo-Monforte, que leva pechada dende xaneiro por obras
18:20 Rueda pide menos docilidade da oposición con Sánchez
20:51 Alfonso Rueda lembra que o presidente do Goberno aínda non respondeu á súa solicitude de entrevista
21:19 O Senado pídelle ao Goberno a moi alta tensión para a planta de Stellantis en Vigo
22:34 O líder do PSdeG reclama máis solo industrial en Galicia
23:05 Reganosa comeza mañá a tramitación da planta de hidróxeno verde nas Pontes
24:56 A inflación supera a barreira do 10 por cento en xuño
27:46 O PP di que a inflación é consecuencia do fracaso das políticas do Goberno e pide rebaixar impostos, mentres Sánchez defende o plan anticrise
29:12 A crise de prezos está a desembocar nunha crise de consumo
30:55 A extracción de resina de piñeiro, un xeito innovador de explotar o monte
32:38 Os percebeiros de Corme xa empezaron a coller percebes na zona do Roncudo para a popular festa que lle dedican a este crustáceo todos os anos
34:28 O presidente da Xunta participa na entrega dos premios Galicia Alimentación
34:50 Celébranse os 20 anos da aprobación do Estatuto de Capitalidade de Santiago cun acto no pazo de Raxoi
36:21 Comeza a funcionar unha nova asociación para asesorar as familias monoparentais
36:47 A recente supresión do voto rogado está sendo moi ben recibida na emigración
38:24 A presidenta do Parlament de Cataluña, a un paso de ir a xuízo
38:54 A policía investiga como posible crime machista o caso dunha parella que atoparon morta na súa vivenda en Dos Hermanas, en Sevilla
39:25 Os EUA autorizan o acceso aos datos das redes sociais dos detidos pola morte de Samuel Luiz
39:52 A falta de supervisión e de medidas de seguridade están detrás da maioría dos afogamentos infantís
42:22 A Policía Nacional investiga os roubos a pacientes ingresados no hospital da Coruña
43:50 Desavinzas entre a armadora e as familias dos falecidos no Villa de Pitanxo pola doazón dunha ONG francesa
45:43 Centos de afectados denuncian unha presunta fraude nunha academia de Vigo
47:23 Rouban as ferramentas dos axentes da Garda Civil que instalaron un banco con vistas en Camariñas
49:13 Primeira xornada do Resurrection Fest, coa banda Deftones como prato forte
52:03 Xa escasean as vivendas vacacionais para alugar na Costa da Morte
54:01 O que gasta un peregrino ten o dobre de impacto na economía que o dun turista convencional, segundo un estudo de Turismo de Galicia
56:06 Os hostaleiros de Santiago quéixanse da falta de taxis na cidade
57:54 O tempo
59:27 O último sorteo da Bonoloto deixa case catro millóns de euros en Xinzo de Limia
01:00:19 Despedida

Atopar capítulo por: