Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
27/06/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Todo preparado en Madrid para acoller a partir do mércores o cumio da OTAN, considerado o máis importante desde a Guerra Fría
A raíña Letizia e a primeira dama dos Estados Unidos, Jill Biden, visitaron as instalacións da Asociación Española Contra o Cancro en Madrid
Os voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro volven saír ás rúas para reunir fondos para a investigación
UP e a oposición reclaman unha investigación sobre o asalto ao valado de Melilla
A Unión Europea mantén contactos con Marrocos sobre o salto ao valado de Melilla, pero evita pedir unha investigación independente sobre o ocorrido
Ucraína denuncia un ataque ruso con mísiles contra un centro comercial en Kremenchuk, no centro do país
Rusia suspendeu pagamentos co estranxeiro por primeira vez desde hai máis de cen anos
O Goberno de Boris Johnson afronta a primeira votación da lei que pretende suspender unilateralmente o protocolo de Irlanda do Norte
As medidas anticrise prorrogadas polo Goberno entran en vigor o 1 de xullo
O presidente da Xunta considera insuficientes as medidas adoptadas o sábado, e reclama unha baixada de impostos
A Comisión Europea autorizou o pago a España doutros 12.000 millóns dos fondos de recuperación
O Goberno acepta reducir as cotas dos autónomos entre os 230 euros e os 590 ao mes
A Plataforma Nacional en Defensa do Transporte asume a decisión da maioría dos socios, que votou en contra dun novo paro
O Consello de Ministros deu luz verde aos últimos rescates empresariais con diñeiro público para paliar as consecuencias da covid
O Consello de Ministros aprobou a lei trans que permite o cambio de sexo no Rexistro Civil sen informe médico nin psicolóxico a partir dos 12 anos
Un xuíz de Ourense concédelle o cambio de sexo no rexistro a un neno de 8 anos
Aprobado no Congreso o ditame en que deberá basearse o Goberno para regular o uso do cánnabis medicinal
O Congreso dos Deputados acolleu a homenaxe anual ás vítimas do terrorismo en España
A Audiencia Nacional arquiva a investigación das contas de Podemos
O Partido Popular gañaría as eleccións xerais con máis do 31 % dos votos e 135 escanos, segundo unha enquisa de Sigma Dos
Os socialistas galegos consideran que é necesario actualizar o vixente Estatuto de Autonomía de Galicia desde o consenso
O BNG propoñerá no Parlamento que se active a reforma do Estatuto
O Grupo parlamentario popular abre a porta a reflexionar co resto de grupos sobre o Estatuto de Autonomía
Ence estuda abrir nas Pontes unha fábrica de papel tisú
A empresa galega Ecoener abastecerá toda a illa da Gomera con enerxías renovables
O presidente da Xunta visitou as obras de ampliación do Hospital de Pontevedra que se estima que estarán rematadas e finais do ano 2023
A Xunta vai financiar os dosificadores de medicamentos para maiores de 74 anos de idade polimedicados
Lugo non terá, de momento, conexión co AVE
Palas de Rei é o terceiro municipio con mellor ocupación turística de toda España
Os operadores internacionais interésanse polo turismo náutico nas Rías Baixas
Un home quedou ferido grave nun accidente laboral no polígono industrial de Mos
Fin de semana tráxica nas estradas da Costa da Morte, con tres vítimas mortais
Buscan un home de 34 anos que desapareceu na Coruña o pasado 17 de xuño
Un xulgado da Coruña deixou en liberdade o home acusado de violar un coñecido na noite de San Xoán tras impoñerlle unha orde de afastamento
A policía detivo 16 persoas no marco dunha operación contra o narcotráfico en varias provincias, entre elas a de Lugo
Un veciño de Pontevedra denuncia que non lle deron tempo a sacar nada da súa casa antes de derrubala por un problema legal
Polémica pola ordenanza do Concello de Vigo que impón multas por ouriñar no mar
Lisboa acolle a Conferencia dos Océanos de Nacións Unidas para fixar obxectivos tras a pandemia
Comezan os campamentos de verán, unha ferramenta necesaria para a conciliación
Comeza a temporada da rapa das ovellas
Viveiro apura os preparativos para o Resurrection Fest, que empeza dentro de dous días
O tempo
De xira en Galicia Black Alien, o home con máis modificacións corporais do mundo
Visitamos un obradoiro de creación e restauración de cabezudos en Lugo
A Torre de Hércules celebra o 13º aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial da Unesco
Darío Villanueva ingresa na Academia Xacobea
DígochoEu
‘Corazón de toxo’ é a Canción do Verán 2022 da Corporación de Radio e Televisión de Galicia
Despedida