Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
21/06/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Dimite a vicepresidenta da Generalitat Valenciana, Mónica Oltra, tras a súa imputación por suposto encubrimento no caso de abusos sexuais a unha menor
O Partido Popular redobra a súa aposta pola centralidade tras o éxito das eleccións andaluzas
Os socialistas descartan o adianto electoral tras o revés nas urnas andaluzas, mentres algunhas voces do partido chaman a facer autocrítica
Tal día como hoxe hai 40 anos constituíase o primeiro Parlamento andaluz, cunha ampla maioría socialista
As réplicas das eleccións andaluzas deixáronse sentir no Senado
O prezo da luz alcanza mañá o máximo desde a entrada en vigor da excepción ibérica
O Goberno aprobará o sábado o novo plan anticrise nun consello de ministros extraordinario
Os transportistas pídenlle ao Goberno que aumente ata os 40 céntimos por litro o desconto dos combustibles e que o manteña ata finais de ano
Os empresarios piden alternativas para paliar os efectos do corte do viaduto da A-6
A ministra de Transportes pide tempo para que os especialistas aclaren as causas do derrubamento no viaduto do Castro
O Goberno aproba a nova lei do sistema universitario, que pretende atallar a precariedade do profesorado e aumentar o investimento
O conselleiro de Educación considera que o anteproxecto de lei do sistema universitario é unha "oportunidade perdida"
A factura do alugueiro mensual pode subir máis de cen euros para os estudantes en Santiago
O conselleiro de Educación visita as obras de mellora da eficiencia enerxética en centros educativos
Stellantis Vigo cifra en 600 millóns o investimento que necesita para adaptarse á fabricación do coche do futuro e pide facilidades de acceso ás axudas europeas
O xulgado da Coruña aproba o plan de liquidación de Alu Ibérica no concurso de acredores
O Goberno galego trasladou o de Namibia a súa vontade de manter e reforzar as relacións comerciais no eido marítimo-pesqueiro
Goretti Sanmartín é xa oficialmente a candidata do BNG á alcaldía de Santiago
O líder dos socialistas galegos denuncia a carga de traballo do colectivo de enfermería
Portugal anuncia un plan para paliar a falta de médicos
O Congreso avala o uso medicinal do cánnabis
As autorizacións asinadas polos pais de menores para que entren en pubs e discotecas non teñen validez
Cae unha rede dedicada ao tráfico de drogas entre Andalucía e Galicia
Macrooperación contra o tráfico de drogas e a fabricación de narcolanchas na área de Vigo
A xuíza do caso Déborah rexeita abrir o procedemento para un xuízo con xurado popular, como pedían os avogados da familia
Tráfico intercepta un vehículo a 236 quilómetros por hora na autovía que une Ourense con Celanova
Morre na guerra de Ucraína un español de 32 anos que se alistara de forma voluntaria
A auga da traída está contaminada nunha aldea de Vilamartín de Valdeorras
Escoller as ofertas pode supoñer ata un 20 % de aforro na cesta da compra
Rueda di que a formación profesional pode facer de Galicia un referente turístico internacional
A sardiña de San Xoán dun restaurante de Santiago gaña o premio do Desafío XChef
O prezo da sardiña pode subir ata os 10 euros o quilo polo San Xoán
Capturan en Camboxa o maior peixe de auga doce pescado nunca no mundo
Os restos dunha nave espacial chinesa sorprenden no ceo do sur de España
O verán entra co tempo revolto, pero prevese seco e solleiro
O tempo
Unha empresa de Sarria acondiciona un tractor en apoio aos agricultores da Palma
Auxe do Camiño Portugués pola Costa, o último recoñecido oficialmente
Celebramos o Día Internacional do Ioga
DígochoEu
Despedida