Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
14/06/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Navegan cara á Bretaña francesa as primeiras torres construídas nas plataformas de Navantia Fene con destino a un parque eólico da compañía Iberdrola
As empresas eólicas galegas denuncian a paralización do sector enerxético
O secretario xeral dos socialistas galegos reclama medidas que axuden o sector industrial
Alfonso Rueda mantivo unha primeira reunión con sindicatos e empresarios para analizar a situación económica de Galicia e medidas fronte á alza de prezos
O prezo do leite subiu nos últimos meses, e a tendencia vaise manter
Os gandeiros celebran unhas xornadas técnicas en Lugo para mellorar a eficiencia das explotacións
O sector pesqueiro galego considera que o prezo do gasóleo fai insostible saír ao mar
O Goberno alxeriano tachou o ministro de Asuntos Exteriores de pirómano por dar a entender que Rusia estaría detrás dos movementos políticos dos últimos días de Alxer
A ministra de Transición Ecolóxica ábrese a estudar unha suba de impostos ás empresas enerxéticas
O prezo da luz sobe mañá para os consumidores, a pesar da excepción ibérica
Consellos para aforrar co aire acondicionado
A débeda pública marca un novo récord
O Goberno aproba o anteproxecto de lei de equidade sanitaria que elimina copagos e garante o acceso universal á sanidade
O Sergas incentivará economicamente os médicos de primaria que prolonguen a súa xornada laboral ou amplíen a súa cota de pacientes durante o verán
A Comisión Europea merca 110.000 vacinas contra a varíola do mono
O presidente do Goberno reúnese co vicepresidente para Europa, Oriente e África da multinacional farmacéutica Moderna
Sánchez mantén un breve encontro co expresidente dos Estados Unidos Barack Obama, nun foro para a dixitaización de empresas
A vicepresidenta da Unión Europea urxe os partidos españois a acordar a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial
A Mesa do Congreso rexeitou a proposición do PNV para limitar a inviolabilidade do rei que recolle a Constitución
A Garda Civil interviu notas sobre grandes adxudicacións públicas nas axendas do extesoureiro do PSOE valenciano
Unha xuíza de Andorra admite unha querela presentada por dúas asociacións contra o expresidente Rajoy e os seus ministros de Interior e de Facenda
Os partidos andaluces retoman hoxe o ritmo da campaña electoral tras o debate
O Goberno comprométese a reabrir este verán o viaduto da A-6 que conecta de Galicia coa Meseta en dirección Madrid
Preocupación en Camariñas pola presenza dunha vertedura industrial, de orixe descoñecida, que se está a estender por varios areais do concello
Os clientes dun centro comercial de Lugo presenciaron o simulacro dun ataque terrorista
Os familiares do Villa de Pitanxo reuniranse con Salvamento Marítimo do Canadá o próximo 29 de xuño a través de videoconferencia
Unha das testemuñas no xuízo polo crime de Marta Calvo di que o acusado tamén tentou acabar coa súa vida cunha sobredose letal de cocaína
Prisión provisional e sen fianza para o home, de 43 anos, que tentou matar de 17 coiteladas a súa parella na localidade madrileña de Pinto
Os armadores agardan unha costeira do bonito curta e con bos prezos
O prezo da sardiña segue estable a pouco máis dunha semana para o san Xoán
Abriu en Santiago o salón profesional do viño, centrado nos viños das adegas polas que pasa o Camiño de Santiago
O vicepresidente segundo da Xunta e a conselleira de Política Social participaron hoxe nos actos do Día Nacional de Linguas de Signos na Coruña
Ponteareas énchese de tapices florais
A nora máis grande de España, na Coruña
Vaga de calor extrema
Valdeorras sofre as temperaturas máis altas no país
O tempo
Seis espazos costeiros galegos reciben bandeira negra por Ecoloxistas en Acción
Esta tarde celebrouse a gala dos premios #DígochoEu
Fina Raimundo Naveira aos 69 anos
Deteñen en Alacante a unha nai por supostamente matar o seu fillo de dous anos