Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
09/06/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal serán'
Bruxelas pídelle a Alxeria dar marcha atrás na suspensión dos tratados con España
O Goberno non descarta denunciar a Alxeria ante a Unión Europea pola ruptura dos acordos
Sánchez celebra que Bruxelas aprobase o tope ao gas para baixar a factura da luz, e Feijóo quere saber se os consumidores pagarán esa rebaixa
O Congreso valida limitar o prezo do gas no mercado eléctrico
O Goberno estudará a imposición dunha recarga ás compañías eléctricas e petroleiras nos próximos presupostos
O Banco Central Europeo confirma que deixará de mercar débeda dos países e comezará a subir as taxas de xuro
O Goberno cifra en case 30.000 os proxectos beneficiados ata o momento polos fondos europeos de recuperación
Os sindicatos piden unha suba dos salarios do 3,5 por cento para este ano
Os empregados de Telefónica poderán traballar catro días á semana
O líder do Partido Popular propón garantir por lei a promoción das persoas con discapacidade no mercado laboral
Yolanda Díaz iniciará o 8 de xullo unha xira por toda España para conformar unha nova plataforma política coa que concorrer ás próximas eleccións xerais
Os transportistas, preocupados por como lles vai afectar o corte de tráfico na A-6
O presidente da Xunta reclama que se aceleren os traballos para restablecer o antes posible o tráfico na autovía A-6
O Consello da Xunta aproba un plan para protexer as Illas Atlánticas fronte ao cambio climático
A Xunta aproba o terceiro programa Muller e Ciencia
O Sergas analiza a petición de cinco médicos que están interesados en reforzar os centros de saúde de Sanxenxo
O secretario xeral do PSdeG pide que cubran as vacantes no hospital comarcal de Valdeorras
Simulacro de incendio nun buque en Vigo dentro do congreso de medicina de urxencias
A Xunta urxe a pechar o acordo de financiamento da empresa siderúrxica Celsa, que acaba de ser rescatada pola SEPI
Satisfacción entre a frota galega pola renovación do acordo pesqueiro con Mauritania, que vén de ser aprobado polo Parlamento Europeo
O presidente da Xunta ofrece unha entrevista a partir das 21:15 na Televisión de Galicia
Deteñen en Soria un home de 32 anos como presunto autor da morte a coiteladas da súa parella, unha muller de 35
Condenan a dous anos de cadea ao Cuco e a súa nai por falso testemuño no xuízo de Marta del Castillo
A Garda Civil investiga a suposta agresión sexual a unha menor en Betanzos
Rouban en Bueu case un cento de caixas de material para elaborar as alfombras florais da festa do Corpus
Unha familia de Nogueira de Ramuín denuncia que lle profanaron o seu panteón atravesando o tubo dunhas obras de saneamento
O Seprona atopa un can agonizando, abandonado e atado cunha cadea no monte en Boiro
A CNMC recomenda cambios na lei de benestar animal
A DXT prepara un carné especial para conducir coches eléctricos lixeiros a partir dos 16 anos
O BNG pide que se reinicie o expediente para declarar Ben de Interese Cultural non material o baile e a música tradicional galega
Remata a Feira Galicia Escena tras unha semana en que se deron a coñecer ata 31 espectáculos
Volve o tempo solleiro a toda Galicia
O tempo
Arranca o Arde Lucus con campamentos, concertos e moitas ganas de festa