Telexornal Serán con lingua de signos
Telexornal Serán con lingua de signos
02/06/2022 21:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Serán
España volve baixar dos tres millóns de parados por primeira vez en 14 anos
Yolanda Díaz fala de datos históricos e Alberto Núñez Feijóo pide máis precisión nos datos
O Goberno pacta con EH-Bildu subir un 15 por cento as pensións non contributivas
O euríbor sobe ata o 0,4 por cento
O Goberno galego aprobou un plan para a recuperación das comarcas afectadas polo peche de empresas
Xunta e a oposición coinciden en que non é necesario reformar o Estatuto para que Galicia xestione o seu litoral
A Xunta de Galicia seguirá esixindo un repartimento descentralizado, transparente e áxil dos Fondos Next Generation Europeos ao goberno central
A gasolina acada de novo máximos históricos
O incremento do prezo da electricidade está a afogar moitos concellos
O PSdeG quere que a Xunta participe nas empresas enerxéticas das que dependen as industrias estratéxicas galegas
O BNG defende que o desenvolvemento da enerxía eólica se faga baixo a coordinación de concellos e Xunta
Representantes dos 27 membros da Unión Europea debaten en Santiago como frear o despoboamento do rural
A firma Tegestacín está a desmontar a planta láctea que tiña no concello lugués de Outeiro de Rei
Comezou en Silleda a Semana Verde de Galicia
A Coruña acolle un evento sobre tecnoloxía dos máis importantes do mundo
Nace o robot máis pequeno do mundo: ten o tamaño dunha pulga, e poderá empregarse para eliminar tumores ou limpar arterias
O Reino Unido comezou os catro días de celebración do Xubileu de Platino de Isabel II
A última enquisa do CIS vaticina a vitoria do Partido Popular e Juanma Moreno sería reelixido como presidente da Junta a entre 6 e 9 escanos da maioría absoluta
A firma chinesa Shein abre unha tenda efémera en Madrid
Catro persoas morreron e varias quedaron feridas nun tiroteo nos Estados Unidos
Xulgan ao actor Bill Cosby, acusado de agredir sexualmente a unha moza de 16 anos na Mansión Playboy no ano 1974
Os intentos de homicidio e asasinato foron os delitos que máis aumentaron en Galicia no primeiro trimestre deste ano
As comandancias da Garda Civil de Galicia contan xa con equipos especializados de drons
A tripulación rescatada en augas de Irlanda tras o naufraxio do Piedras, un arrastreiro con base en Marín, podería estar moi pronto na casa
Unha familia de Abadín tivo que ser evacuada ao hospital de Lugo por unha intoxicación con monóxido de carbono
Falamos cos pasaxeiros accidentados nun globo que sobrevoava a Ribeira Sacra
Quedan pouco máis de 3 semanas para que comece a Ruta Xacobea Iacobus Maris, que será a peregrinación marítima máis longa da historia do Xacobeo
Xuntan os maiores e os cativos nunha xornada arredor do pan na Mezquita
Alerta pola presenza de salmonella nunha carne picada dos supermercados Lidl
A Xunta deulle luz verde ao Plan de prevención de incendios deste ano, dotado con 180 millóns de euros
Segue o risco de seca, malia as chuvias dos últimos días
O tempo
A raíña Isabel non participará no oficio relixioso de mañá tras sentirse indisposta despois do desfile militar que abriu os actos do Xubileo de Platino
Comeza o festival Portamérica en Portas
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle a gala de entrega dos premios María Casares de Teatro
O Libro de Horas de Fernando I estará na exposición "Santiago de Compostela no tempo"
Despedida