CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

01/06/2022 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do Telexornal Serán
07:53 Rescatados sans e salvos os once tripulantes do arrastreiro galego Piedras, que se afundiu este mediodía en augas do Gran Sol
10:38 Alfonso Rueda confirma que a Xunta está en contacto coa armadora e a Autoridade Portuaria de Marín para facer seguimento deste novo accidente no mar
11:12 Os familiares dos 21 falecidos no Villa de Pitanxo insisten en que se baixe ao barco
11:52 Pedro Sánchez fai balance catro anos despois da moción de censura que o levou á Moncloa
12:43 A organización en Madrid do cumio da OTAN, novo motivo de controversia entre os socios da coalición
14:43 Alberto Núñez Feijóo presentouse ante os líderes do PP Europeo como a alternativa e "o futuro inmediato" para España
15:24 O Partido Popular Europeo celebra o seu congreso continental en Rotterdam
15:53 Entra en vigor o decreto da Generalitat que sortea a obriga de darlles aos nenos cataláns polo menos unha de cada catro horas de clase en castelán
16:16 O presidente do Goberno confirmou que van prorrogar tres meses o decreto de medidas económicas fronte os efectos da guerra
16:49 Case a metade dos españois baixou a calefacción durante o inverno para aforrar na factura, segundo a OCU
17:20 A portavoz nacional do BNG reclamou hoxe no Bos Días unha suba dos impostos ás eléctricas, e unha suba dos salarios
18:01 O gobernador do Banco de España reclama un pacto de rendas para evitar entrar nunha espiral inflacionista
18:37 Xa se pode ir ás oficinas de facenda a presentar a declaración da renda
18:55 O Goberno central deixou sen gastar no presuposto destinado a Galicia 260 millóns de euros
19:33 O presidente da Xunta critica que o Goberno deixe sen executar infraestruturas prioritarias
20:07 Ata 23 concellos galegos van quedar sen conexión de autobuses de media e longa distancia, segundo o borrador do plan de transportes que prepara o ministerio
22:44 Seguimento desigual no primeiro dos tres días de folga dos traballadores de Correos de toda España
24:37 O Tribunal Supremo propón elevar á xustiza europea a macrodemanda interposta por Adicae contra máis de 101 bancos e caixas polo cobro indebido das cláusulas de chan
25:49 A raíña coñece unha rede de distribución de peixe que abastece o interior de Mauritania, un proxecto español de cooperación
26:23 Os barcos galegos poderán volver faenar este ano en augas do Senegal
26:49 A primeira campaña de pesca da lura do ano nas Malvinas rematou con máis de 55.000 toneladas de capturas
28:15 A Xunta salienta a competitividade e capacidade de adaptación do sector pesqueiro aos novos hábitos dos consumidores
28:43 Os produtores galegos poñen en valor o leite no Día Mundial deste alimento
31:15 Abre o prazo de matrícula nas escolas infantís galegas, que son de balde a partir do próximo curso
31:34 Consellos para preparar as probas da Abau, que comezan nunha semana
33:29 A Xunta reunirase mañá cos internistas da área de Ourense para abordar os problemas de sobrecarga que denuncian
34:00 O líder do PSdeG reclamaralle ao presidente da Xunta o póximo luns medidas urxentes para mellorar a situación da Atención Primaria
34:28 Comezan as visitas ao edificio da Cidade da Xustiza de Vigo
36:36 Prisión sen fianza para o detido por agredir brutalmente a súa muller en Carballo
37:52 Xulgan tres homes que difundiron imaxes dunha muller mantendo relacións sexuais cun deles
39:11 A xustiza obriga á Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios a reunirse coas vítimas do accidente do Alvia en Santiago
39:41 A policía Nacional detivo en Madrid un dos dez fuxitivos máis buscados que o ministerio de Interior incluiu hai uns día nunha lista para pedir a a colaboración cidadá
40:15 A Garda Civil desmantela un importante punto de venda de droga nunha casa de Rianxo
40:33 Ocupa un chalé de luxo en Oleiros porque di que a inmobiliaria lle debe cartos
42:06 Unha veciña de Rairiz de Veiga denuncia os ataques que sofren dende hai tempo varios carballos da súa propiedade, algúns deles centenarios
44:11 Ecoloxistas denuncian que nos últimos anos se incrementaron os pesticidas tóxicos en froitas e hortalizas
48:42 A empresa andaluza Osborne devolverá o seu estado orixinal ao touro do concello ourensán de Trasmiras que alguén pintou de azul hai un mes
49:05 A Garda Civil colabora nunha campaña para concienciar da importancia de doar sangue
50:47 O verán meteorolóxico comeza con chuvia, pero será caloroso e coas precipitacións normais
53:20 O tempo
54:39 Portugal encamíñase cara a un ano de récord en canto a visitantes
55:32 DígochoEu
56:08 Os Rolling Stones comezan en Madrid a xira europea do 60 aniversario
57:57 Despedida

 

Atopar capítulo por: